[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 18 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cidade Infantil Príncipe Felipe
Páxina Principal
Servizos
Cidade Infantil
Príncipe Felipe
Historia
Notas de identidade
Requisitos de acollemento residencial
Instalacións
Centro de Primeira Acollida
Centro infantil (maternais)
Centro Agarimo
Centro infanto-xuvenil
'Escola-Fogar'
Residencia Xuvenil
Centro de día
Escola infantil
Obxectivos e fins
Actividades
Campamento da Lanzada
Historia
Localización
Instalacións
Solicitudes
Taxas
Taxas

Páxina 1 [2] 3 4 5
CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE 

Centro Agarimo. Obxectivos

O Centro Agarimo asume os principios de coeducación e tratamento da individualidade e a diversidade, procurando desenvolver o espírito crítico, a capacidade de traballo e de decisión.

Impulsar a transición dos valores socialmente aceptados como universais: liberdade, solidariedade, tolerancia e o respecto a través da actividade diaria.

A adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, coñecementos científicos, técnicos, humanísticos e estéticos. Formar no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais do ser humano. Desenvolver o exercicio da liberdade e da tolerancia.

Na convivencia diaria os nosos principais obxectivos son:

  1. Obxectivos psicosociais: traballando na estabilidade emocional, introversión-extroversión, autodominio, integración social, obxectividade e confianza en si mesmo, en diferentes aspectos da personalidade, así coma nos sentimentos. Motivar a aprendizaxe, planificación das actuacións persoais, atención ó propio labor educativo e as súas distintas actividades.
  2. Obxectivos educativos: o principal é a comunicación, procurando o desenvolvemento integral da persoa xunto co educativo e da personalidade. Todas as estructuras organizativas e todos os esforzos dirixiranse na procura dese obxectivo. O clima institucional é positivo e activo, de participación e responsabilidade, baseado no diálogo, a participación e o consenso. Preténdese unha educación persoal nun ambiente de convivencia que permita a maduración individual e atenda a cada unha segundo as súas necesidades. Deféndense e impúlsanse valores coma o respecto, a solidariedade, a tolerancia, a liberdade, a paz e a non discriminación.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/10/2004 09:58
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/