[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 19 DE MAIO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Centro Provincial de Asesoramento Municipal
Páxina Principal
Servizos
Centro Provincial de Asesoramento Municipal
Regulamento
Cursos de formación
Concellos da provincia de Pontevedra

Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8 9 10 11
CENTRO PROVINCIAL DE ASESORAMENTO MUNICIPAL 

Regulamento (cont.)

Exposición de motivos

Na nova lexislación de réxime local, contida fundamentalmente na Lei 7/81 e no R.d.l. 781/66, no tocante ás competencias das deputacións provinciais dedícase unha especial atención á súa colaboración cos municipios.

No artigo 31 da lei citada, ó definir a provincia, declárase que son fins propios e específicos desta "garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipais" e "asegurar a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal".

O desenvolvemento destes enunciados está especialmente contido no artigo 36 da lei e no artigo 30 do R.d.l., onde se detallan as formas de cooperación.

A Deputación pontevedresa ten xa unha vella tradición no que se refire á cooperación cos municipios a través dos plans provinciais de obras e servizos.

Pola contra, as formas de cooperación recollidas nos puntos 5 e 6, apartados a, b, c, do citado artigo 30, relativos a asesoramento xurídico económico, técnico, urbanístico e asistencia administrativa e técnica, a súa achega foi ata agora máis ben tímida.

A actual Corporación, que manifestou repetidamente a súa firme vocación municipalista, recolleu, no punto 16.4 do Plan de obxectivos para 1988-91, o aspecto da asistencia xurídica e técnica ós concellos e ós seus presidentes, co obxectivo de desenvolvela a través do centro creado, o funcionamento do cal se rexerá polo presente regulamento.

O Centro prestou nesta primeira etapa un servizo de xestión directa pero mediante un órgano especializado e desconcentrado, rexido por un Consello de Administración e cunha sección orzamentaria independente dentro do orzamento provincial (artigos 101 e 102 do R.d.l. 781/86 e 132.1 do ROF), sen prexuízo de que, aínda que o paso do tempo e o volume das súas actividades o xustifique, poida transformarse sen dificultades nun organismo autónomo, con personalidade xurídica propia (art. 132.2 do ROF).

No seu Consello de Administración dáselles cabida a todas as tendencias políticas que estean representadas na Corporación, cun sistema que respeta a proporcionalidade e un número de vogais non excesivo.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/10/2004 06:39
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/