[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 15 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Centro Provincial de Asesoramento Municipal
Páxina Principal
Servizos
Centro Provincial de Asesoramento Municipal
Regulamento
Cursos de formación
Concellos da provincia de Pontevedra

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11
CENTRO PROVINCIAL DE ASESORAMENTO MUNICIPAL 

Regulamento (cont.)

Dirección e persoal

Artigo 12.- Director-xerente: á fronte do centro existirá un director-xerente que ha de desempeñar a dirección executiva daquel con facultades para adoptar todas as decisións e medidas que afecten á normal xestión e funcionamento do dito centro, con suxeición ás normas deste regulamento e ás directrices marcadas polo Consello de Administración e o presidente.

Dun modo particular incumbiranlle ó director as seguintes facultades:

  • Elaborar o proxecto de orzamentos, executar o orzamento aprobado e render a conta anual.
  • Elaborar o proxecto de plan anual de actividades.
  • Propoñerlle ó presidente, e a través deste ó Consello, todas as medidas necesarias para o bo funcionamento do centro que excedan da súa competencia.
  • Desempeñar a xefatura do persoal, funcionario, contratado e colaborador, e dirixir as súas actuacións administrativas e de asistencia e asesoramento municipal.

Artigo 13.- O director-xerente, de acordo coa normativa legal (art.101.2 do R. d. l. 781/66), nomearao o presidente da Deputación a proposta do Consello. Debe ser persoa con titulación universitaria superior e con coñecementos acreditados e experiencia en materia de Administración local.

Nomearase consonte o R.d. 1382/85, que regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, establecendo o período de duración do contrato, a súa renovación, a súa retribución e a forma e condicións do seu cesamento.

Artigo 14.- Persoal funcionario permanente: adscritos ó Centro con carácter permanente deben estar un certo número de funcionarios, suficientes para atender as necesidades básicas da súa administración e que, ó propio tempo, estean especialmente capacitados para atender consultas e prestar axudas, dentro da súa esfera de coñecementos e competencia.

O cadro de persoal inicial e os seus postos de traballo serán os que se reflicten no anexo 2.

Serán funcionarios de carreira da Deputación Provincial.

Os postos de traballo cubriranse por libre designación da presidencia, con convocatoria pública entre funcionarios provinciais, tendo presente que a dobre actividade (de funcionamento e de asesoramento) que se lles esixirá require que acrediten coñecementos superiores ós normais da súa categoría e a súa capacidade para transmitilos a outras persoas.

Artigo 15.- Poderán adscribirse tamén ó centro dous funcionarios con habilitación de carácter nacional, un da subescala de Secretaría e outro da subescala de Tesourería-Intervención, unha vez que a Corporación provincial acorde a creación de ditas prazas no seu cadro de persoal e se cubran polo procedemento regulamentariamente establecido para esta clase de funcionarios.

Artigo 16.- Persoal colaborador: o Centro convirá dous funcionarios públicos, preferentemente de Administración local, e, dentro destes, funcionarios con habilitación nacional, de administración xeral e de administración especial, unha adscrición temporal ó centro, para actuacións concretas.

Poderán estar ó servizo de calquera organismo ou Corporación e non se lles esixirá máis requisito cá autorización previa de compatibilidade para prestar funcións asesoras, a través do centro, dada polo ente público ó que pertenzan.

Retribuiráselle mediante unha gratificación calculada en función das horas de dedicación e a dificultade do traballo encomendado.

Artigo 17.- Persoal contratado: o centro poderá realizar contratos administrativos para actuacións concretas, con titulados en exercicio, das diversas profesións liberais.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/10/2004 06:49
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/