[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 18 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Centro Provincial de Asesoramento Municipal
Páxina Principal
Servizos
Centro Provincial de Asesoramento Municipal
Regulamento
Cursos de formación
Concellos da provincia de Pontevedra

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 [11]
CENTRO PROVINCIAL DE ASESORAMENTO MUNICIPAL 

Regulamento (cont.)

Anexo I

  1. ASISTENCIA ADMINISTRATIVA
    1. Información xeral
      Consistirá en lles comunicar noticias de interese ós concellos, como as convocatorias para a concesión de subvencións, a promulgación de disposicións legais que lles afecten, etc. Segundo a urxencia poderá utilizarse o correo, o teléfono, o telefax, etc. Contando coa colaboración dos concellos, formaranse coleccións de xurisprudencia, recaída en cuestións formuladas por ou contra as corporacións locais da provincia, que estarán a disposición dos usuarios do centro para a súa consulta.
    2. Información específica
      Facilitarase en contestación a consultas concretas do Concello. En xeral, efectuarase a consulta por escrito e achegaranse as fotocopias dos documentos nos que puidese apoiarse, así como a opinión do funcionario municipal responsable do tema. Poderán admitirse consultas telefónicas en caso de urxencia e coas conseguintes reservas, se a contestación precisa estudo.
    3. Estudos xerais
      Consistirá na elaboración dun conxunto de documentos tipo, que estarían a disposición dos concellos, como as ordenanzas fiscais.
      • Regulamentos de réxime interior
      • Ordenanzas de policía e bo goberno
      • Bandos de carácter xeral
      • Modelos de contratos
      • Pregos de condicións
      • Convocatorias varias
      • Modelos de expedientes, etc.

      complementaranse con algún sistema de edición e de conservación (carpetas de follas cambiables, etc.) que permite o seu uso fácil e que se aproveiten coas necesarias actualizacións.
    4. Estudos específicos
      A petición do Concello estudiarase o desenvolvemento de calquera proceso administrativo e proporase un sistema que o mellore, que o actualice adaptándoo á lexislación vixente, que o mecanice, etc.
    5. Auditorías
      Consistente en verificar un recoñecemento xeral dos servizos administrativos, ou dunha área determinada destes, no Concello que o solicite, e emitir unha memoria-informe especificando as infraccións legais e ou simples deficiencias que existisen e propoñendo as medidas para emendalas.
    6. Función pública
      Partindo de estudos de carácter xeral, poderanse facer para os concellos solicitantes informes sobre os cadros de persoal adecuados, os postos de traballo, a súa clasificación e valoración, ofertas de emprego, etc. Igualmente, estudos sobre retribucións, valoración de complementos, productividades, gratificacións, etc.
    7. Preparación do persoal
      Poderán organizarse conferencias e cursos destinados ós funcionarios municipais sobre materias de interese xeral ou de actualidade. Tamén se organizarán seminarios, reunións, etc., destinados a intercambiar experiencias e coñecementos.
    8. Estudos sobre temas locais
      Poderanse organizar igualmente conferencias, mesas redondas ou reunións de estudo cos membros políticos das corporacións e os seus asesores.


  2. ASESORAMENTO XURÍDICO, ECONÓMICO E TÉCNICO
    1. Xurídico
      • Emitindo dictames xurídicos en materias que solicite o Concello, a título orientativo.
      • Subvencionando a emisión de dictames de letrado colexiado naqueles casos nos que sexa legalmente esixible e nos que o Concello careza, en todo ou en parte, de medios económicos.
      • Facilitando ó Concello defensa xurídica, contratando para o efecto os letrados necesarios, ou subvencionando ó Concello o custo desta, total ou parcialmente.
    2. Económico
      • Dictames sobre temas concretos, económicos, tributarios, fiscais, de recadación, de xestión de operacións de crédito, etc., emitidos a petición do Concello.
      • Deseños de plans de financiamento de programas de execución de obras ou de implantación de servizos.
      • Deseños de plans de actuación en materia de imposición de novos tributos, de adecuación dos existentes á realidade actual ou ás necesidades presentes ou futuras do municipio.
      • Estudos para a aplicación de contribucións especiais.
      • Estudos sobre custos e rendementos dos servizos municipais, especialmente para aqueles casos nos que se precisan para fixar e xustificar tarifas, etc.
    3. Técnico
      • Urbanismo en xeral
        Estudos sobre planeamento.
        Elaboración de documentos urbanísticos (poderá facerse con persoal propio ou contratado pola Deputación, ou subvencionando ó Concello).
      • Urbanismo en execución
        Informes técnicos sobre licencias urbanísticas que lles deba conceder a particulares o Concello peticionario (poderá facerse con persoal propio ou contratado, establecendo un programa de visitas semanais ós municipios interesados).
      • Proxectos de obras
        Estudos técnicos sobre conveniencia e posibilidades de execución ou alternativas aconsellables ás obras que xulguen necesarias os concellos.
        Elaboración de proxectos técnicos de obras ou de instalacións concretas (poderá facerse con persoal propio ou contratado pola Deputación, ou subvencionando ó Concello para axudarlle na súa contratación).
    4. Informática
      • Axuda técnica sobre informatización de procesos administrativos
      • Axuda técnica sobre informatización xeral
      • Programas para aplicacións concretas
      • Axudas en resolución de concursos para adquisicións
      • Elaboración de traballos informatizados con medios propios da Deputación (padróns, censos, recibos, etc.)


  3. APOIO FUNCIONAL ÓS ALCALDES
    1. Disporase no Pazo provincial dun local equipado con despacho e zona de reunións de traballo, que poderán utilizar os alcaldes que acudan por asuntos do seu cargo á capital da provincia.
    2. Terán á súa disposición un teléfono de uso directo ou, a través de central, que lles facilite as comunicacións, así como os outros medios de comunicación cos que conte a Deputación (télex, telefax, etc.).
    3. Igualmente contarán co apoio dun funcionario capacitado para mecanografar documentos, obter fotocopias, facilitarlles información sobre oficinas ou organismos públicos competentes en materias administrativas determinadas, tomar contacto con eles, etc.
    4. Finalmente, poderá contar co asesoramento do centro sobre aquelas cuestións nas que circunstancialmente o precise.

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 [11]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/10/2004 09:55
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/