[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 17 DE AGOSTO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Documental » Arquivo Deputación Provincial » Ficha técnica
Páxina Principal
Arquivo Deputación Provincial
Ficha técnica
Local
Fondos e coleccións
Arquivo Deputación. (Institución)
Fondo Deputación
Fondo. Norma ISAD(G)
Cadro de clasificación
Inventario
Outros fondos
Fondos públicos
Fondos privados
Reprografía de complemento
Dixitalización documental
Patrimonio Documental Provincial

Páxina [1] 2 3 4
PATRIMONIO DOCUMENTAL 

Arquivo Deputación Provincial de Pontevedra
Archivo Diputación Provincial de Pontevedra

Ficha técnica

[Prema (click) para ampliar a imaxe]
  • ¿Qué somos?
    O Arquivo da Deputación de Pontevedra (ADPO) é o conxunto orgánico de documentos de calquera época e soporte material, producidos, reunidos ou conservados no exercicio das súas funcións pola Deputación ao longo da súa historia, para a súa utilización na xestión administrativa, a información cidadá, a proxección cultural e a investigación científica.
    O Arquivo da Deputación de Pontevedra (ADPO) é un ben de dominio público en función do establecido no Regulamento de bens de entidades locais (R.d 1372/1986, de 13 de xuño), xa que conserva e custodia o patrimonio documental da Deputación.
    O Arquivo da Deputación de Pontevedra (ADPO) é un servizo público ao cumprir o mandato constitucional de facerlle accesibles os documentos ao cidadán segundo establece o artigo 105.b) da Constitución.
    O Arquivo da Deputación de Pontevedra (ADPO) é, así mesmo, un servizo xeral da Administración provincial, cuxa principal función é a sistematización da xestión documental, desde a creación do documento ata a súa conservación histórica, mediante o tratamento arquivístico adecuado para servirlles os documentos á propia institución e aos cidadáns.
    De acordo coa lexislación vixente o Arquivo da Deputación de Pontevedra (ADPO) intégrase no Sistema de Arquivos de Galicia, formando parte da rede de arquivos das deputacións provinciais.

  • Quén pode acceder?
    Acceso libre sen requisitos específicos, agás os derivados da lexislación estatal e autonómica vixente.
    Todos os cidadáns teñen dereito a acceder ós arquivos e rexistros administrativos da Deputación conforme o art. 105 b) da Constitución e demais disposicións vixentes.
    O dereito de acceso a rexistros, arquivos e á información pode limitarse para aqueles documentos que segundo a lexislación conteñen datos ou información que, pola súa consulta pública poidan lesionar os dereitos doutras persoas ou colectivos.

  • Cal é o horario?
    De luns a venres, de 8´30 a 14´30

  • Cómo contacto?
    Rúa Padre Amoedo, 1
    36002 PONTEVEDRA
    Teléfonos: 886201000 - 986 804 100
    Fax: 886 201 180
    E-mail: arquivo@depo.gal
    Dirección páx. web: arquivos.depo.gal

  • Qué servizos presta
    • Servizos internos

    • Á propia Deputación, que inclúe a información, en calquera fórmula, ou o préstamo directo de todo documento orixinal.

    • Servizos externos

    • Servizo a outras administracións públicas, mediante consulta, copias e certificacións, daqueles documentos que lles sexan necesarios para o desenvolvemento das súas funcións recoñecidas por lei. Tamén a comunicación dos datos contidos no arquivo que necesiten por motivos históricos, científicos ou culturais.
    • Servizo ós cidadáns, dende a premisa de que inicialmente os cidadáns poden consultar calquera documento, excepto aqueles que conteñan datos de acceso restrinxido pola lei.
      Inicialmente pode consultarse directamente ou obter informes, copias, certificacións e compulsas de todo documento de libre acceso, salvo que se prexudicara de forma sensible a conservación do documento, ou que entorpeza o normal desenvolvemento do servizo.
    • Servizo ós investigadores, co fin de contribuír e fomentar a investigación histórica tanto da provincia de Pontevedra coma das diferentes entidades locais que a forman, estimulando especialmente o uso e consulta dos fondos documentais, sen limite temporal e co uso dos medios de información e reprografía dispoñibles.


  • Difusión cultural, pola que o arquivo, dentro da planificación xeral do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, procura a difusión e dinamización do patrimonio documental mediante a organización das actividades culturais posibles: xornadas de historia e heráldica, cursos de formación, exposicións, publicacións, visitas...etc.

  • Con qué instalacións e recursos conta?
    Para poder ofrecer os diferentes servizos dispón a arquivo dunha serie de recursos, medios e equipamentos:
    • Sala de consulta, dotada con:
      • Dezaseis postos permanentes de consulta, con catro puntos de acceso informático.
      • Diferentes instrumentos de descrición con acceso informático.
      • Lector-reproductor de microfilme e microfichas.
      • Reprografia: reproducción de documentos mediante fotocopia, tanto de papel coma de microformas e microfilmes.
      • Biblioteca auxiliar especializada en arquivística para consulta dos usuarios constituída basicamente por manuais, obras de referencia e instrumentos de descrición e información doutros arquivos.
    [Prema (click) para ampliar a imaxe]

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/02/2018 10:36
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/