[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE OUTUBRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Celebración do Dia da Biblioteca (24/10) e do Día do Patrimonio Audiovisual (27/10)



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

24 OUTUBRO 2017


A Deputación de Pontevedra conmemora o Día da Biblioteca, 24 de outubro, e o Día do Patrimonio Audiovisual, 27 de outubro, cun programa de actividades co que pretende poñer en valor os fondos do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.

Todas as actividades terán lugar no Arquivo provincial, na Rúa Padre Amoedo, e a entrada será libre ata completar aforo.

Programa

Martes 24 ás 21 horas. Presentación do libro ‘Aves do río Gafos'Xoves 26 ás 20 horas. Audición comentada da compilación de gravacións históricas da música galega ‘Galicia en 78 RPM'Venres 27 ás 20 horas. Estrea do documental ‘O purgatorio de Francisco Leiro'

A Biblioteca da Deputación centra os seus esforzos na compilación, proceso técnico e difusión de toda aquela bibliografía relacionada coa provincia de Pontevedra, en xeral, e con cada un dos seus concellos, en particular. A bibliografía provincial representa o 50% dun fondo, "Galicia", que na actualidade conta con preto de 20.000 monografías e que se completa coas coleccións das principais publicacións periódicas que estudan diferentes aspectos do país.

A maiores, nos seus fondos figuran aproximadamente 30.000 volumes de monografías relativas a temarios para oposicións, fondos antigos e obras de referencia, máis de 500 títulos de publicacións periódicas, e máis de 90.00 rexistros analíticos. Tamén hai que destacar os aproximadamente 800 traballos de investigación, os máis de 60.000 rexistros dispoñibles na sección de audiovisuais, e os preto de 25.000 documentos cartográficos da cartoteca.

A colección de gravacións sonoras galegas do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra está formada por máis de 11.000 documentos en soportes analóxicos e dixitais de contido diverso como música, palabra ou outros sons (natureza, ambiente, etc). A colección de imaxe en movemento conta con preto de 4000 referencias, abarcando calquera tipoloxía audiovisual: películas de ficción, documentais, reportaxes institucionais, publicidade, curtametraxes, programas de televisión, gravacións familiares, series, etc. A variedade de soportes da colección amosa de xeito fiel a evolución técnica do audiovisual: desde filmes de 16 ou 35 mm (de acetato, nitrato ou poliéster) ou películas en 8 ou super8mm ata cintas de vídeo e soportes ópticos e dixitais, dominantes na actualidade.

BUSCAR NAS NOVAS
OUTUBRO 2018
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/10/2017 14:50
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/