[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE OUTUBRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Actualízase o arquivo municipal de Vila de Cruces



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

08 FEBREIRO 2018


O Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación acaba de rematar un proceso de actualización da documentación transferida nos últimos anos dende as propias oficinas xestoras ó arquivo municipal de Vila de Cruces, con 166 novas unidades de instalación e 20 metros lineais de documentación, que corresponde ós dous últimos anos.

Esta actuación enmárcase dentro dun proceso de asistencia técnica permanente ós concellos en materia de patrimonio documental, que, no caso concreto do arquivo municipal de Vila de Cruces, se iniciou en 1993 e se desenvolveu en sucesivas fase de profundización informativa e de actualizacións e informatización nos anos 1995, 1998, 2000, 2002, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013, 2015 e 2017.

O resultado vén ser un conxunto documental organizado, debidamente instalado, de fácil manexo e consulta e de conservación garantida, composto por un total de 2.546 unidades de instalación, con documentación principalmente do século e vinte, con datas extremas que van de 1872 ata o 2017.

Dispón o arquivo dos instrumentos suficiente para o seu manexo e control, especialmente a base de datos do inventario descritivo formado por 23.822 rexistros que describen a nivel de expediente a maior parte dos fondos.



BUSCAR NAS NOVAS
OUTUBRO 2018
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/02/2018 10:19
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/