[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 17 DE AGOSTO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Convocatoria de formación relacionada co patrimonio documental e bibliográfico

A Deputación de Pontevedra ven de ofertar una ampla variedade de cursos de formación dentro do Plan de Formación 2018



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

03 ABRIL 2018


A Deputación de Pontevedra ven de ofertar una ampla variedade de cursos de formación dentro do Plan de Formación 2018, dos que se pode ter información polo miúdo en "https://www.depo.gal/plan-agrupado-de-formacion-continua"

Os cursos están destinados ao persoal da Deputación de Pontevedra e das entidades que se adheriron ao Plan agrupado de formación continua: os concellos de Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa; a Mancomunidade do Salnés, a Mancomunidade do Val Miñor a Escola de Enfermería e Terra de Sanxenxo.

O prazo de inscrición comezará a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará dez días antes do comezo de cada acción formativa. A solicitude deberá facerse a través de www.depo.es seguindo estes pasos:

• Cubrir os datos do formulario oficial de solicitude e premer en “enviar”

• Descargar e imprimir o xustificante electrónico xerado na web tras realizar o envío. Este xustificante incluirá un código único de preinscrición

• Presentar o xustificante electrónico xerado durante o proceso de preinscrición debidamente asinado, xunto coa documentación establecida na base 2.4, no Rexistro xeral da institución provincial.

Unha vez realizado este proceso considerarase que a persoa solicitante está inscrita no curso.

Excluiranse as solicitudes que non estean debidamente asinadas e as que non inclúan a documentación requirida.

Entre eles, referido ao patrimonio documental e bibliográfico, ao arquivo e á situación actual na que nos movemos compre destacar a convocatoria dos seguintes cursos, en diferentes modalidades:

Cursos da modalidade EN LIÑA

• LIN-18-019: Protección de Datos e Transparencia

• LIN-18-026: Xestión Bibliotecaria

• LIN-18-030: Xestión Documental na Era Dixital

• LIN-18-032: Liderado Visual. Ferramentas de Xestión e Comunicación Visual

• LIN-18-033: Arquivo Dixital en Convivencia co Papel

Cursos de modalidade PRESENCIAL

• PON-18-002: Administración Electrónica e Arquivo Electrónico

• PON-18-003: Administración Electrónica: Notificacións Electrónicas

• PON-18-006: Catalogación de Publicacións Antigas

• PON-18-011: Información e Atención ao Público

• PON-18-016: Fotografía: Conceptos Básicos

• PON-18-017: Métodos e Formas de Arquivo

• PON-18-019: Administración Electrónica: Rexistro Electrónico

• PON-18-020: Administración Electrónica: Tramitación do Expediente Electrónico

• PON-18-021: O Proceso de Dixitalización de Documentos



BUSCAR NAS NOVAS
AGOSTO 2018
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/04/2018 13:54
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/