[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 21 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Segue a medrar a información sobre o patrimonio documental



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

30 XULLO 2019


ATOM é un sistema de xestión arquivística de software libre e gratuíto, moi intuitivo, que se presenta cunha interface amigable en forma de fichas e modelos e que permite importar ou enlazar obxectos dixitais, respecta as xerarquías intelectuais dos cadros de clasificación, e permite que as descricións arquivísticas, todas ou parte delas, se poidan facer públicas na rede, o que o converte nunha axeitada ferramenta de difusión.

Tomando como base esta ferramenta, na procura da normalización e posta en valor do traballo técnico realizado nos últimos anos, a Deputación de Pontevedra puxo a disposición dos centros arquivísticos un desenvolvemento específico deste software, que acolle xa a información de 132 institucións con 312 fondos documentais diferentes e 720 Seccións, nas que se pode navegar e acceder aos seus contidos.

Ao mesmo tempo continúa a levar a cabo a súa acción de asistencia técnica ás administracións e institucións da provincia en materia de patrimonio documental, na idea de difundir o patrimonio conservado e organizado, así como o importante labor de dixitalización acometido nos últimos anos, cunha permanente actualización de contidos e aberta a novas incorporacións futuras.

Tras varios anos de implantación a realidade actual amosa os seguintes datos:

A totalidade da Base de Datos dispón de 2.117.802 rexistros froito da descrición arquivística de documentos, expedientes ou agrupacións documentais

401.917 rexistros con obxectos dixitais asociados, dispoñibles e accesibles de forma áxil e directa

O propio Arquivo da Deputación conta con 212.189 rexistros resultados dos procesos técnicos de descrición, deles 37.102 con obxectos dixitais

O Arquivo do Museo de Pontevedra conta con 59.433 rexistros na súa descrición doa que 37.148 contan con obxectos dixitais

Do resto das institucións integradas no ATOM da Deputación de Pontevedra destacan polo seu volume de rexistros as seguintes:

Arquivo Deputación de Pontevedra 212.189

Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa 126.885

Arquivo municipal de Nigrán 84.752

Arquivo municipal de Redondela 76.132

Arquivo municipal de Bueu 61.506

Arquivo municipal de Sanxenxo 57.745

Arquivo municipal de Cambados 52.036

Arquivo municipal da Estrada 51.122

Arquivo municipal de Mos 46.575



BUSCAR NAS NOVAS
AGOSTO 2019
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 31/07/2019 11:01
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/