[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 7 DE ABRIL DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Atom, Koha e Atopo disporán de mantemento e capacidade de novos desarrollos e melloras



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

12 DECEMBRO 2019


A Xunta de Goberno da Deputación en sesión extraordinaria do 2019/12/10 (Acta da sesión)ven de aprobar definitivamente no seu acordo 4.28454 a adxudicación da contratación do servizo de desenvolvemento evolutivo, mantemento correctivo e soporte especializado da solución de catalogación e difusión da que dispón a Deputación de Pontevedra para a explotación do patrimonio arquivístico e bibliográfico, correspondente ao Expediente 2018057613, tramitado polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio e o Servizo de Novas Tecnoloxías .

Esta adxudicación, largamente demandada, ven a dotar dun necesario mantemento continuado as ferramentas de descrición e catalaogación (AtoM e Koha) en uso para o tratamento técnico do patrimonio documental e bibliográfico da Deputación, do Museo de Pontevedra e doutras 128 institucións da provincia de Pontevedra e ao mesmo tempo rexolver novos proxectos e desarrollos que foron xuridindo tras varios anos de funcionamento.

Incluirá ademais o mantemento e as sucesivas melloras e desarrollos para “www.atopo.gal”, portal do cidadán para a difusión pública da información deste patrimonio conservado e disposto para o acceso da cidadanía sen limitacións espaciasi e temporais, que incluirá en moitos casos o acceso ao propio documento dixitalizado.

O contrato terá unha vixencia de dous anos a partir da data que conste no documento de formalización do Contrato, con posibilidade de dúas prórrogas anuais. Foi adxudicado á empresa XERCODE MEDIA SOFTWARE, S.L. e supón un importante desenvolso anual previsto de 106.722,00 € en cada unha das anualidades de 2020 e 2021.



BUSCAR NAS NOVAS
ABRIL 2020
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/12/2019 14:40
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/