[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 4 DE XUÑO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Para achegarnos a realidade económica e social da posguerra na provincia o Arquivo da Deputación conta coa documentación da Xunta Provincial de Ordenación Económico-Social



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

27 MARZO 2020


A Xunta Provincial de Ordenación Economico-Social e un órgano establecido na administración do periodo franquista e ligado no seu funcionamento ás Deputacións. Consituíuse en marzo de 1946, e deixou de funcionar en 1960. Estaba presidida polo gobernador civil e integrada por un amplo ábano de vocais como o presidente da Deputación, o gobernador militar, o xefe provincial de Sanidade, o arcipreste do Morrazo e outros responsables do fomento xeral da nosa provincia.

A súa pegada documental conservada abrangue desde 1941 ata 1961, cun volumen de 15 unidades de instalación e 354 agrupacións documentais, e recibiúse no arquivo por transferencia no seu momento. A súa información resulta interesante no estudo das necesidades básicas dos concellos da provincia, a través das enquisas, estatísticas e correspondencia que reflicten a situación de carestía dos anos da posguerra no territorio pontevedrés- Tamén nos aporta información sobre a evolución das infraestructuras, da poboación e fundamentalmente sobre o paro obreiro.

O cadro de clasificación deste divídese entre a sección de “Administración” e a de “Actuacións” en concellos. Consérvanse os libros de actas do Pleno da Xunta no que se recollen acordos e liñas de actuación.

Unha descrición das diferentes agrupacións documentais deste fonso está pública en atopo.depo.gal; asi como a información xeral do fondo na nosa web



BUSCAR NAS NOVAS
XUÑO 2020
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/03/2020 14:18
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/