[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 5 DE XULLO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

E chegou a luz…

Xunta Provincial de Electrificación



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

01 ABRIL 2020


No Arquivo dispoñemos do fondo da Xunta Provincial de Electrificación. Xunta creada por Decreto do 25 de xuño de 1954, co obxectivo de proporcionar enerxía eléctrica a entidades que carecían dela. Tiña como presidente ao gobernador civil e como vicepresidente ao enxeñeiro xefe da Delegación de Industria. Sen embargo, o feito de que entre os vogais permanentes estiveran o presidente e o xefe do Servizo de Cooperación da Deputación, foi clave para que a documentación sempre se conservara na nosa institución.

O fondo que abrangue desde 1954 ata 1973, ocupa tres libros e trinta unidades de instalación con mil cento seis agrupacións documentais. A información que nos achega, deriva do cometido que a xunta, tiña; elaborar un plan concreto de electrificación, proporlle ao Ministro de Industria as actuacións, emitir informes técnicos ou tramitar as peticións de materiais eléctricos, entre outras.

É un fondo de orixe público, pechado, en bo estado de conservación, recibido no Arquivo mediante transferencia e que resulta interesante para coñecer a paulatina electrificación da provincia, especialmente dos pequenos municipios. En canto a súa organización, o cadro de clasificación dívidese en dúas seccións: administración, que engloba as series de; libro de actas da xunta de electrificación, libro rexistro de entrada de documentos, libro rexistro de saída de documentos da xunta provincial de electrificación e correspondencia. A segunda sección denomínase electrificación da que colga a serie de expedientes de electrificación.

Máis información sobre este fondo a través do noso portal web Atopo e na web do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico arquivos.depo.es

Algúns exemplos do que podemos localizar:

Proxecto de electrificación da provincia de Pontevedra

Libro de actas de sesión da xunta provincial de electrificación

BUSCAR NAS NOVAS
XULLO 2020
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/04/2020 17:57
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/