[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 5 DE XULLO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Descanso dominical dos xornalistas “La Hoja del Lunes”

Asociación da Prensa de Vigo



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

06 ABRIL 2020


Fondo que abrangue desde 1930 ata 1995, e ocupa setenta e nove unidades de instalación con cincocentas trinta e sete agrupacións documentais.

A documentación emana da Asociación da Prensa de Vigo, entidade, que nace, logo de varios intentos fallidos anteriores, o día 21 de marzo de 1909 nos locais da Sociedade Coral La Oliva. O seu primeiro presidente foi Miguel Fernández de Lema.

A actividade desta asociación estivo estancada durante algúns anos, volvendo a rexurdir con forza, no ano 1924, da man da presidencia de Roberto Blanco Torres e nun ambiente con certas tensións.

Desde 1933 empézase o intento da edición da “Hoja”(“Hoja del Lunes”)a iniciativa de Manuel Lustres Ribas, director do primeiro número, que se publicou o 4 de maio de 1936. Desafortunamente, a publicación foi requisada polas autoridades militares ao pouco de saír. Desde aquela, e a pesar de diversas problemáticas, de edición, de formatos.., supuxo un vehículo informativo e de expresión dependente da asociación que editaba os luns en exclusiva.

A “Hoja del Lunes” ten a súa orixe nun dos maiores logros da prensa no seu día, o descanso dominical. Pois, en 1919 se producira unha folga de xornalistas, na que reclamaban entre outras medidas o referido descanso, quedando finalmente instituído en 1925. A partires, de aquí creáronse as “Hojas del Lunes” proporcionando unha boa fonte de ingresos económicos as asociacións de prensa existentes.

É precisamente a perda de forza económica, unha das principais causas polas que este movemento corporativo foi perdendo incidencia.

Este fondo ingresou no arquivo o 18 de decembro de 2006 mediante depósito. Entregado polo presidente da asociación Luis Fernando Ramos Fernández.

A documentación resulta de interese para poder estudar a realidade dos protagonistas da prensa viguesa, especialmente no que se refire á “Hoja del Lunes”.

Destacan as actuacións dos órganos de goberno (xunta directiva e asamblea xeral) e a derivada das relacións coas diferentes asociacións nacionais. Tamén o control dos socios, ben sexan activos ou non, desde 1936 ata actualidade.

A organización de este fondo pivota entorno a sete seccións: órganos de goberno, socios, administración, actividades, “Hoja del Lunes”, control económico e fotografías e materiais.

Por último, un apuntamento que se refire a que a colección completa da “Hoja del Lunes” foi depositada pola asociación no seu día, no Arquivo municipal de Vigo.

Información sobre este fondo a través da nosa web arquivos.depo.es e da súa descrición en atopo.depo.gal

BUSCAR NAS NOVAS
XULLO 2020
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/04/2020 13:03
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/