[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 5 DE XULLO DE 2020
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

A unión de xornalistas de Pontevedra

Pequeno grupo documental desta asociación de xornalístas, conservada no noso Arquivo



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

06 ABRIL 2020


A Unión de Xornalistas de Pontevedra foi creada a mediados do ano 1982 e permaneceu activa ata mediados de 1985. Descoñécense os seus estatutos e a súa finalidade específica, pero de seguro que o fin que perseguían, radicaría na defensa e mellora da súa actividade profesional. Estaba integrada na Federación Nacional de Unións de Xornalistas e o seu presidente e vicepresidente foron José Francisco Armesto e Pedro Antonio Rivas, respectivamente.

Orgánicamente contaba cunha Xunta Directiva e unha Asamblea Xeral. En 1994, periodista Pilar Fariña entregou en depósito a documentación ao arquivo para a súa custodia e tratamento.

É un fondo pechado, pouco voluminoso, conta con tres unidades de instalación e vinte agrupacións documentais, pode ser de interese para o estudo e coñecemento deste colectivo profesional. Ademáis de documentación, ofrece cuños, anagramas, diplomas e unha placa conmemorativa. Debido a esta diversidade de materiais o fondo está dividido en dúas seccións: unha administrativa; libros de actas, libros de contabilidade, expedientes persoais, correspondencia.., e outra de materiais especiais.

Información sobre este fondo a través da nosa web arquivos.depo.es



BUSCAR NAS NOVAS
XULLO 2020
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/04/2020 11:54
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/