[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 19 DE ABRIL DE 2021
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

As pegadas da actividade conserveira na vila de Marín

Familia Nores



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

09 ABRIL 2020


Pequena colección documental de orixe privado, familiar, que abrangue de 1610 a 1980, reunido en dúas unidades de instalación e dezanove agrupacións documentais.

A documentación emana da Familia Nores, especialmente de Narciso Nores Salgado que foi alcalde de Marín dúas veces, a primeira entre 1920 e 1922, e a segunda en 1930. Ademáis, foi benefactor, doando entre outras cousas un edificio no campo da feira (actual parque Euguren) e un terreo na Chan do Monte para asentar a Congregación da Misión de San Vicente de Paúl, máis un colexio, o coñecido como, o colexio San Narciso. Outra figura que destaca na documentación é a do seu fillo Agustín Nores Patiño, que ademáis de ser un notable empresario na industria mariñeira.., na época (1943), en que se acuñou o dito : Marín pescando, Pontevedra soñando e o tranvía rodando, formou parte do Consello do Tranvía Eléctrico de Pontevedra, sendo él, o presidente.

Trátase dunha colección documental variada, relacionada coas as propiedades que posuían, actuacións familiares, e como non, as relacións comerciais coa Arxentina e outros países, a súa actividade empresarial no sector conserveiro, desempeñada no entorno da vila de Marín.

Os Nores, tiveron sempre unha estreita relación co mundo mar, incluso na actualidade son recoñecidos na vila marinense neste aspecto.

Este fondo considerado pechado, e dixitalizado na súa totalidade, foi entregado en depósito ao arquivo no mes de maio de 2005, polo anticuario Severo Pardo.

A súa organización correspondeu aos técnicos do arquivo. Os documentos que podemos atopar son: documentación do séculos XIX-XX; Libros copiadores de cartas, libro contable de gastos, correspondencia, nomeamentos e convocatorias de varios organismos como o do consello de administración do tranvía eléctrico de Pontevedra, contratos de alugueiro, recibos, cartas comerciais, algún exemplar do xornal de Galicia Social ou a publicación editada en 1939 “Pontevedra and La Coruña: gallegan provinces of Spain”de Ruth Maltild Anderson, que formaba parte da Hispanic Society of American, con 492 páxinas e abundantes fotografías en branco e negro. A documentación máis antiga deste fondo (S XVII e XIX) está relacionada co foro de Avilleiras e Campolongo na parroquia de San Martiño de Salcedo.

Información sobre este fondo a través da nosa web arquivos.depo.es e no portal atopo.depo.gal

Algúns exemplos do que podemos atopar:

Pontevedra and La Coruña 1939. Ilustracións en branco e negro

Foro de Avilleiras e Campolongo 1610 e 1870



BUSCAR NAS NOVAS
ABRIL 2021
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930
 HOXE 
----------------------------
Presentación Editorial
----------------------------

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/04/2020 11:03
Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/