[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 25 DE MAIO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Novas do Plan Estratéxico
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Novas do Plan Estratéxico
Axenda

NOVAS DO PLAN ESTRATÉXICO 

Os 62 concellos da provincia participarán activamente na elaboración do Plan Estratéxico da Deputación de Pontevedra.

Potenciar a colaboración entre a Deputación e os concellos, o desenvolvemento sostible da provincia e promover o turismo e a identidade cultural son algúns dos desafíos que contemplará o plan



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Plan Estratéxico Provincial 2010

21 MAIO 2004


A vontade de elaborar un Plan Estratéxico xurde da necesidade de implicar a todos os concellos nun proxecto común de desenvolvemento sostible da provincia, nun momento no que o ámbito local adquire un gran protagonismo na escena política.

A iniciativa de elaborar un plan estratéxico é froito do compromiso da Deputación de modernizar a institución provincial e adaptala aos retos e oportunidades de novos escenarios como a globalización, a construcción europea ou as próximas reformas administrativas que afectarán ao mundo local.

Para afondar neste propósito de actualizar a súa xestión e mellorar os servizos que presta á sociedade, a Deputación liderará un Plan Estratéxico que entende como un proceso de reflexión, participativo e orientado á execución de accións concretas. Neste proceso identificaranse os programas ou proxectos que permitan á Deputación situarse nas mellores condicións para afrontar os desafíos dun futuro que ten no Plan o ano 2010 como referencia.

Para levar a cabo este traballo, nos próximos meses o equipo redactor entrevistarase cos representantes políticos de todos os concellos da provincia, tanto alcaldes como oposición. Este proceso de participación e implicación institucional complementarase con grupos de traballo compostos por técnicos municipais e da propia Deputación.

Así mesmo, crearanse mesas de traballo e grupos de expertos para que os axentes sociais e económicos máis relevantes da provincia poidan participar no proceso de diagnóstico e formular propostas ou iniciativas concretas.

A mellora da calidade de vida da poboación, como obxectivo último do plan, aconsella tamén contar coa opinión da cidadanía, polo que se realizará una enquisa específica para coñecer a percepción que os cidadáns teñen da Deputación e a súa opinión sobre o papel que como institución pública debería xogar na actualidade.

Para a elaboración do Plan Estratéxico, a Deputación de Pontevedra conta co apoio dunha institución tan significativa como Caixanova, que a través da súa Escola de Negocios para as Administracións Públicas dirixe ao equipo interdisciplinar de profesionais que será o encargado de recoller todas as contribucións e facilitar a formulación de propostas concretas. Así mesmo, o Plan contará coa participación activa da Universidade de Vigo a través da colaboración de recoñecidos expertos que contribuirán a elaborar o diagnóstico da situación actual.

Un aspecto prioritario do Plan será a mellora dos mecanismos de colaboración coas entidades municipais, que constitúen a base para abordar de forma eficaz e conxunta asuntos claves para a provincia como o dinamismo das áreas urbanas, o desenvolvemento do mundo rural ou as infraestructuras e a mobilidade.

Temas fundamentais para a provincia, e elementos capitais dos seus recursos endóxenos, como o turismo, a denominación de orixe Rías Baixas ou o patrimonio histórico serán obxecto de atención específica.

Estes temas abórdanse dende a análise da provincia como unha xeografía económica líder na eurorrexión. Co obxecto de mellorar o apoio institucional ao mundo da economía e a empresa, estudiarase a situación e necesidades dos diferentes sectores de actividade. Neste ámbito a Deputación ten un papel importante non só como promotor da actividade económica, senón tamén como institución facilitadora de que a creación de riqueza se traduza nun modelo de desenvolvemento sostible e en definitiva na mellora da calidade de vida da cidadanía.

Por suposto, a perspectiva medioambiental é un aspecto relevante na promoción do desenvolvemento sostible. Neste ámbito de traballo, a conservación e mellora da paisaxe e o patrimonio natural será una referencia fundamental.

Tamén se poden citar outros ámbitos de acción identificados como materias específicas a desenvolver nos traballos de elaboración do plan como a xuventude, o deporte ou o fenómeno do retorno da poboación galega do exterior, que son obxectos característicos e preferentes da vocación pública da Deputación de Pontevedra.

O equipo redactor estima que despois do verán teranse os primeiros resultados do diagnóstico. A partir de entón se abrirán as mesas de participación para o debate e propostas de actuación nas áreas estratéxicas que identifique o Plan. Poderanse coñecer as primeiras propostas de traballo a comezos do vindeiro ano e o documento final do plan estará rematado no prazo doce meses.





INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/11/2004 11:08
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/