[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 25 DE MAIO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Novas do Plan Estratéxico
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Novas do Plan Estratéxico
Axenda

NOVAS DO PLAN ESTRATÉXICO 

A mesa de Xestión Pública do Plan Estratéxico analizará mañá as debilidades e fortalezas da Deputación Provincial



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Plan Estratéxico Provincial 2010

27 OUTUBRO 2004


A mesa sectorial de Xestión Pública do Plan Estratéxico da provincial de Pontevedra 2010 reunirase mañá ás 17 horas no Pazo Provincial. Na xuntanza analizarase o informe denominado A xestión pública na Deputación de Pontevedra no que os expertos encargados desta área Argimiro Rojo Salgado e Enríque José Varela, catedrático e mestre, respectivamente, de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, estudiaron as variables internas e externas que inciden directamente na dirección dos asuntos públicos provinciais.

O análise realizado pon de manifesto as ameazas e oportunidades externas e as debilidades e fortalezas internas establecendo un escenario de xestión provincial de vulnerabilidade e determinando novos espacios de actuación que deberán ser abordados pola Deputación.

Este informe adianta que as infraestructuras locais da provincia sitúanse nunha media aceptable en relación con Galicia e co conxunto do entorno provincial estatal con excepción do saneamento, a depuración e a rede viaria, auténticos cabalos de batalla dos Concellos, a Deputación, pero tamén, da propia Xunta de Galicia. Asemade indica que a xestión interna das administracións locais, reto que en moitos casos debe asumir a propia Deputación por insuficiencias claras de recursos, é realmente deficiente con escasas posibilidades de mellora sen axudas externas (provinciais, autonómicas ou comunitarias); recursos humanos escasos, pouco formados, cun alto nivel de xestión indirecta de servizos por parte de terceiras administracións.



INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/11/2004 11:41
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/