[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 23 DE MARZO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Novas do Plan Estratéxico
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Novas do Plan Estratéxico
Axenda

NOVAS DO PLAN ESTRATÉXICO 

Os expertos da Mesa de Xestión Pública do Plan Estratéxico afirman que é necesario enfocar as actuacións da Deputación ás necesidades dos concellos para mellorar a súa eficacia

O saneamento, a depuración de augas e a rede viaria son as sinaturas pendentes mentres que as necesidades están cubertas en canto a abastecemento, pavimentado, alumeado e a recollida de residuos



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Plan Estratéxico Provincial 2010

29 OUTUBRO 2004


A Deputación de Pontevedra a colleu onte a primeira reunión da Mesa de Xestión Pública do Plan Estratéxico da que son expertos Argimiro Rojo Salgado e Enríque José Varela, catedrático e mestre, respectivamente, de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo.

Ambos profesores subliñaron que para mellorar a eficacia da Deputación é necesario analizar as demandas reais dos concellos para actuar nelas e mellorar os servizos pero tamén destacaron como elemento clave a participación da cidadanía na responsabilidade dos servizos públicos. En definitiva, “ é necesario reinventar o sentido da actuación provincial, a súa posición ante os recentes escenarios de cambios normativos e de políticas e a identidade da organización ante os cidadáns e os concellos como usuarios finais dos servizos provinciais”.


SERVIZOS CUBERTOS DEFICITARIOS

Con respecto ós servizos mínimos demandados polos concellos, os expertos destacaron que Pontevedra está perfectamente cuberta en materia de abastecemento de augas (superando a media galega e española), o pavimentado, o alumeado e a recollida de residuos sólidos urbanos. O que aínda supón un reto é o saneamento, a depuración de augas e a rede viaria. Tamén son insuficientes as políticas de terceira xeración como a asistencia domiciliaria ou a asistencia á terceira idade, entre outros.

A pesar disto, a posición da Deputación de Pontevedra é sobresaínte en relación con outras administracións provinciais da comunidade autónoma, indicaron os expertos posto que as infraestructuras da provincia atópanse nunha media aceptable en relación con Galicia





INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/11/2004 11:45
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/