[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 23 DE MARZO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Novas do Plan Estratéxico
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Novas do Plan Estratéxico
Axenda

NOVAS DO PLAN ESTRATÉXICO 

Pérez Vilariño destaca que unha óptica metropolitana reducirá os custes que supón a actual distribución territorial da provincia

A mesa de Poboación, Territorio e Vivenda reuniuse esta tarde na Fundación Comarcal do Salnés, situada en Cambados



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Plan Estratéxico Provincial 2010

12 NOVEMBRO 2004


A mesa de Poboación, Territorio e Vivenda do Plan Estratéxico da Provincia 2010 reuniuse onte, na Fundación Comarcal do Salnés (Cambados) para analizar o informe elaborado polo experto encargado desta área, José Pérez Vilariño, Catedrático de Socioloxía da Universidade de Santiago e director técnico do Seminario de Estudios Carlos Velasco.

Vilariño destacou que pola súa complementariedade o eixo Vigo-Pontevedra ofrece espléndidas oportunidades de desenvolvemento e asegurou que soamente unha óptica metropolitana e unha alianza estratéxica será capaz de transformar unha rexión aldeá e amontoada nunha rexión urbana con servizos e equipamentos compartidos. O catedrático entende que esta, asemade, será a única fórmula para superar os custes adicionais que soporta un territorio que nin é urbano nin é rural; ampliar o horizonte de oportunidades polo aproveitamento de sinerxías; e, finalmente, acadar o peso político que lles corresponde.

Para articular este eixo que Vilariño cualifica como “verdadeira espiña dorsal da rexión urbana máis dinámica de Galicia” será necesario desenvolver un planeamento compartido de servizos urbanos básicos (transporte metropolitano, subministros e grandes redes de comunicación) e a axilización das comunicacións e o seu acceso ós diversos puntos nodais. Tamén sinala como imprescindible a consecución dun transporte áxil, seguro e economicamente competitivo e que a sobrecarga de circulación “lonxe de converterse nun bloqueo, será a forza que obrigue a cumprir os prazos das alternativas complementarias tales como a autovía Vilagarcía-Pontevedra-Porriño ou o AVE”.

A mesa de Poboación, Territorio e Vivenda tamén analizou as diferencias existentes entre o norte e o sur da provincia a nivel de capacidade de articulación e dinamismo, sinalando como determínate o maior custe das comunicacións cara o norte.


ENTORNO DO EIXO VIGO-PONTEVEDRA

O incremento anual do tráfico entre o Morrazo e Vigo é case o dobre (7,5%) que o de Vigo e Pontevedra (4,3%), de feito, a cercanía existente entre Cangas, Moaña e Vigo a través de Rande é determinante para este efecto dinamizador.

Pola súa parte, municipios como Caldas, Baixo Miño, Ponteareas e Condado son considerados lugares preferentes para a externalización da actividade industrial así como para dar resposta ás demandas residenciais. Estas fortes presións, sen embargo, non son correspondidas cun planeamento apropiados polo que, segundo indica o informe, están sufrindo as deseconomías dun crecemento desordenado.


CONCELLOS DE INTERIOR

No caso dos municipios interiores (as comarcas de Paradanta, Tabeirós Terra de Montes e Deza) o experto do Plan Estratéxico destaca un enclave con notable dinamismo, o eixo Lalín-Silleda (tamén A Estrada, aínda que en menor medida). Concellos que, a pesar de sufrir perdas de poboación, están a realizar un importante esforzo de vertebración para afianzar a súa posición no interior de Galicia. Son exemplos a ampla dotación de chan industrial, o intenso proceso de urbanización e mellora de servicios, a creación de novas infraestructuras ou a creación dun mercado propio que vai máis aló da poboación e da súa área de influencia.

Os municipios do interior, a pesar das perdas de poboación, ofrecen un importante continxente de man de obra ás empresas concentradas nos principais núcleos de referencia. Lalín sería un bo exemplo segundo analizou a mesa sectorial.


POBOACIÓN ENVELLECIDA

Con respecto á poboación, a provincia de Pontevedra está a sufrir un importante envellecemento dende os últimos 20 anos, aínda que, a esperanza de vida é alta. Tende a concentrarse na rexión urbana (2.628,5 habitantes/km2 no municipio de Vigo), producíndose unha alta desertización no espacio interior (33,3 habitantes km2 en Agolada).





INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/11/2004 11:47
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/