[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 20 DE NOVEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2005 

Prezo público polos servizos que
se prestan na imprenta provincial

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na Imprenta Provincial quedando este co seguinte contido literal:

PRIMEIRO. CONTIDO

    Este prezo público esixirase polos distintos servizos que se prestan na Imprenta Provincial, incluídos os traballos administrativos e técnicos que as distintas dependencias ou servizos desta Deputación realicen para a súa prestación.

SEGUNDO. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren o prezo público regulado neste acordo as persoas ou entidades que soliciten estes servizos ou que se beneficien directamente deles.

TERCEIRO. CONTÍA

    A estructura e a contía deste prezo público serán as que se detallan no ANEXO I.

CUARTO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As persoas ou as entidades interesadas na confección de traballos de imprenta presentarán, previamente, no Rexistro Xeral a oportuna solicitude pedindo os traballos, á que lle achegarán o orzamento confeccionado pola imprenta e os demais datos necesarios para a correcta execución dos traballos e a correspondente liquidación do prezo público. Así mesmo, presentarán un xustificante de ter efectuado o ingreso do prezo público, en calidade de depósito previo.
  2. Unha vez realizada a prestación dos distintos servizos, o rexente da imprenta remitirá os datos necesarios para que efectúe a liquidación definitiva do prezo público á oficina de Renda e Exaccións. A dita liquidación notificaráselles ás persoas ou ás entidades obrigadas ó pagamento e o seu ingreso poderá facerse efectivo por vía voluntaria no prazo dun mes, a contar desde a data de notificación.

QUINTO. OBRIGA DE PAGAMENTO

  1. A obriga de pagamento do prezo público regulado neste acordo nace:
    1. Ó iniciarse as tarefas administrativas e técnicas de confección dos traballos de imprenta. Entenderase iniciada cando se presenta a solicitude.
  2. O pagamento do prezo realizarase:
    1. En calidade de depósito previo, ó presentarse a solicitude de prestación dos servicios regulados neste acordo. A liquidación do depósito previo efectuarase segundo o orzamento confeccionado polo responsable da imprenta e que o interesado lle achegará á solicitude.
    2. Ó notificárselle a liquidación definitiva ó obrigado ó pagamento poderá facela efectiva, en vía voluntaria, no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ó da notificación.

SEXTA. ENTRADA EN VIGOR

  • A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará unha vez publicado no BOP, o día 1 de xaneiro de 2005.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/12/2004 14:26
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/