[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 17 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2005 

Prezo público polos servizos que se prestan
coa máquina fitosanitaria

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan coa máquina fitosanitaria, quedando este co seguinte contido literal:

PRIMEIRO. NATUREZA E CONTIDO

    Este prezo público esixirase polos servizos de análises prestados coa máquina de tratamentos fitosanitarios.

SEGUNDO. OBRIGA DE PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas físicas ou xurídicas e as entidades que o soliciten ou se beneficien dos servizos ou das actividades que se presten ou realicen coa máquina fitosanitaria.

TERCEIRO. CONTÍA

    A estructura e a contía destes prezos públicos serán as que figuran no ANEXO I.

CUARTO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As persoas ou entidades interesadas nos servizos da máquina fitosanitaria presentarán, previamente, no Servizo correspondente, unha solicitude comprensiva dos datos e documentos necesarios para a prestación do servizo ou realización da actividade.

QUINTO. OBRIGA DE PAGAMENTO

  1. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servizo. Non obstante, este considérase iniciado no momento de presentar a solicitude.
  2. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servizo, no momento de presentar a solicitude.
  3. O pagamento da liquidación definitiva farase efectivo en vía voluntaria no prazo dun mes desde a notificación. Se non se fixese efectivo neste prazo esixirase por vía de prema.

SEXTO. ENTRADA EN VIGOR

    A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará, unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/12/2004 10:08
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/