[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 17 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Ordenanzas 2006
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2005 

Prezo público pola prestación de
servizos de análise na "Finca Areeiro"

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos de análise que se prestan na Finca Areeiro, quedando este co seguinte contido literal:

PRIMEIRO. NATUREZA E CONTIDO

    Este prezo público esixirase polos servizos de análise que se prestan na "Finca Areeiro".

SEGUNDO. OBRIGA DE PAGAMENTO

    Están obrigados a pagaren este prezo público as persoas naturais ou xurídicas e as entidades que soliciten os servizos de análise que se prestan na "Finca Areeiro".

TERCEIRO. CONTÍA

    A estructura e a contía deste prezo público figuran no ANEXO I.

CUARTO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As persoas ou entidades interesadas nos servizos de análise que se prestan na "Finca Areeiro",solicitaranos ante os servizos administrativos desta.
  2. A xestión do IVE realizaraa o servizo de Agricultura.

QUINTO. OBRIGA DE PAGAMENTO

  1. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servizo. Non obstante, o servizo considerarase iniciado no momento de presentar a solicitude.
  2. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servicio.

SEXTO. ENTRADA EN VIGOR

    A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará,unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/12/2004 13:38
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/