[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 17 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2005 

Prezo público pola venda de mapas do Padroado de Turismo "Rías Baixas"

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda modificar o Acordo regulador do prezo público pola venda de mapas, quedando este co seguinte contido literal:

PRIMEIRO. CONTIDO

    Este prezo público esixirase pola venda de mapas propiedade do Padroado de Turismo "Rías Baixas".

SEGUNDO. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas ou entidades que compren mapas propiedade do Padroado de Turismo.

TERCEIRO. CONTÍA

    Os importes deste prezo público figuran no anexo a este acordo regulador.

CUARTO. NACEMENTO DA OBRIGA DE PAGAMENTO

    A obriga de pagamento deste prezo público nace no momento de entregarlle os mapas á persoa ou entidade que os solicite. Non obstante, esixirase o pagamento do prezo con carácter previo á entrega dos mapas, en calidade de depósito.

QUINTO. NORMAS DE XESTIÓN

    As persoas ou entidades interesadas na compra de mapas dirixiranse ó Padroado de Turismo co obxecto de que se lle practique a liquidación do prezo público. Unha vez aboado este faráselle entrega dos mapas mercados.

SEXTO. CONTROL E CUSTODIA DO MATERIAL

    Os mapas serán obxecto dunha adecuada contabilización; este material valorarase ó prezo do custo de producción ou adquisición.

    Estes mapas estarán depositados e custodiados baixo a responsabilidade do secretario-administrador do Padroado de Turismo.

    As entregas gratuítas deste material requiren autorización da Presidencia do Padroado.

SÉTIMO. ENTRADA EN VIGOR

    A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/12/2004 10:03
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/