[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2005 

Ordenanza Reguladora da Taxa por Expedición de Documentos Administrativos

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA

    O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LRBRL) e o artigo 132 do RDL 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 do TRLRHL, acorda a imposición e ordenación da taxa por expedición de documentos administrativos.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

  1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes dos que entenda a Administración ou as autoridades provinciais.
  2. Entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que provoque o particular ou que redunde no seu beneficio aínda que non mediase unha solicitude expresa do interesado.
  3. Non estarán suxeitos a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións de calquera clase e os relativos á presentación de servizos ou á realización de actividades de competencia da Deputación e á utilización privativa ou ó aproveitamento especial de bens de dominio público

ARTIGO 3. SUXEITO PASIVO

    Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2004 de 17 de decembro (LXT) que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos ou actividades a que fai referencia o artigo anterior.

ARTIGO 4. RESPONSABLES

  1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.
  2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se sinala no artigo 43 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS

    Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais, de conformidade co disposto no artigo 9 do R.D. Leg. 2/2004 de 5 de marzo (TRLRHL).

ARTIGO 6. COTA TRIBUTARIA

  1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes, de acordo coa tarifa que figura no artigo seguinte.
  2. A cota da tarifa corresponde á tramitación completa do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e a notificación ó interesado do acordo recaído.
  3. As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaranse nun 50% cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen a percepción.

ARTIGO 7. TARIFA

    A tarifa á que se refire o artigo anterior estructúrase nos epígrafes que se detallan no ANEXO I.

ARTIGO 8. DEVENGO

  1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a actuación ou o expediente suxeito á taxa.
  2. Nos casos ós que se refire o número 2 do artigo 2º desta ordenanza, o devengo prodúcese cando se inicie a actuación ou o expediente de oficio ou cando esta se inicie sen a solicitude previa do interesado pero que redunde no seu beneficio.

ARTIGO 9. DECLARACIÓN E INGRESO

  1. A taxa poderase exisir no momento de presentar a solicitude no Rexistro xeral da Deputación ou posteriormente, pero en todo caso antes de finalizar o servizo ou actividade solicitada
  2. Os escritos recibidos polos conductos ós que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se emende a deficiencia; para este fin requirirase ó interesado para que, no prazo de 10 días, aboe as cotas correspondentes; de non efectuarse consideraranse os escritos como non presentados e a solicitude arquivarase sen maís trámite.

ARTIGO 10. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que a estas lles correspondan en cada caso, estarase ó disposto na Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

    PRIMEIRA. Non se poderá expedir ningún documento, facilitar datos e antecedentes de ningunha clase se non é mediante unha solicitude escrita, na que deberán constar con claridade os datos e os antecedentes que reclamen e tamén a súa finalidade.

    SEGUNDA.Os encargados da expedición dos documentos solicitados non llos entregarán ó solicitante ata que esté presente a correspondente carta de pagamento.

    TERCEIRA. Todos os funcionarios provinciais que dalgunha maneira interveñan na tramitación ou expedición de calquera clase de documentos suxeitos á taxa, coidarán de esixir o aboamento desta.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo de aprobación inicial da modificación desta ordenanza adquiriu carácter definitivo o día 23 de maio de 2005.

    Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día seguinte o da súa publicación no Boletín Oficial da Provincial, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derogación expresas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/06/2005 09:07
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/