[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 17 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2005 

Ordenanza reguladora da taxa
pola subscrición e venda do
Boletín Oficial da Provincia

ARTIGO 1. NATUREZA E FUNDAMENTO

    O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LRBRL), o artigo 132 do RDL 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL) e a Lei 5/2002, reguladora dos boletíns oficiais da provincia, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 do TRLRHL, acorda a imposición e ordenación da taxa pola subscrición e venda do Boletín Oficial da Provincia.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

    Constitúe o feito impoñible desta taxa a subscrición ou venda de números soltos do BOP.

ARTIGO 3. SUXEITO PASIVO

    Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2004, de 17 de decembro (LGT), que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas pola subscrición ou venda de números soltos do BOP, sempre que a realización do feito impoñible sexa motivada por estes, directa ou indirectamente.

ARTIGO 4. RESPONSABLES

  1. 1.—Responderán solidariamente das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.
  2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA

    A cota desta taxa será a que figura no anexo a esta ordenanza.

ARTIGO 6. BENEFICIOS FISCAIS

    Só os que veñan establecidos en normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

ARTIGO 7. DEVENGO

    Devéngase esta taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude de subscrición ou compra de números soltos do BOP.

ARTIGO 8. LIQUIDACIÓN

  1. Polo sistema de contraído previo, no momento de presentar a solicitude, verbal ou por escrito, directamente na sección de Recursos Económicos, de subscrición ou compra de números soltos do BOP.
  2. Polo sistema de autoliquidación e ingreso por transferencia bancaria, cando se interese a subscrición e venda do BOP sen a presenza física da persoa interesada.

ARTIGO 9. INGRESO

    O pagamento desta taxa realizarase:
    1. Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería provincial ou nas entidades financeiras sinaladas na notificación.
    2. Nas autoliquidacións, mediante transferencia bancaria ou na Tesourería provincial.

ARTIGO 10. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e normativa de desenvolvemento.

ARTIGO 11. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As persoas ou as entidades interesadas na subscrición ou venda dos números soltos do BOP presentarán, no Negociado de Recursos Económicos, unha solicitude verbal, escrita, telefónica, etc., na que constarán todos os datos necesarios para a correcta prestación dos servizos demandados.
  2. A subscrición ó BOP será por ano ou semestre naturais e non de data a data. Os exemplares do BOP anteriores á data de realización do ingreso e formalización da subscrición poderán serlles remitidos ós subscritores que o soliciten como números soltos sempre que haxa existencias.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo inicial de aprobación destas modificacións adquiriu carácter definitivo o día 16 de decembro de 2004.

    As modificacións desta ordenanza fiscal entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo vixente deica a súa modificación ou derrogación expresas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/01/2005 12:52
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/