[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 20 DE NOVEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2005 

Ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan ou actividades realizadas na Cidade Infantil "Príncipe Felipe"

ARTIGO 1. NATUREZA E FUNDAMENTO

    O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LRBRL) e o artigo 132 do RDL 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 do TRLRHL, acorda a imposición e ordenación da taxa polos servizos que se prestan ou as actividades que se relaizan na Cidade Infantil Príncipe Felipe.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

    Constitúen o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos ou a realización das actividades que se detallan na tarifa desta taxa.
    Non están suxeitos a esta taxa os servizos que se presten en virtude dos convenios con outras administracións públicas.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

    Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2004 de 17 de decembro (LXT) que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos ou actividades que se prestan ou realizan na Cidade Infantil Príncipe Felipe.

ARTIGO 4. COTA TRIBUTARIA

    A cota desta taxa será a que figura no anexo a esta ordenanza.

ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS

    Só se admitirán os que veñan establecidos en normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

ARTIGO 6. DEVENGO

    Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír:
    1. Nos servizos de devengo puntual, cando se presente a solicitude da prestación do servizo ou realización da actividade.
    2. Nos servizos de devengo periódico, devengarase a taxa o día primeiro de cada período de liquidación que se marque na tarifa desta taxa.

ARTIGO 7. LIQUIDACIÓN

  1. Cando se trate de servizos puntuais liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo.
  2. Cando se trate de servizos de devengo periódico liquidarase a taxa unha vez finalizado o período de liquidación fixado na tarifa desta taxa.
  3. Se se realiza o aproveitamento dos servizos ou actividades sen mediar solicitude previa liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento xeral de recadación para as liquidacións de contraído previo, sen prexuízo de abrir o oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

ARTIGO 8. INGRESO

    O pagamento desta taxa realizarase:
    1. Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería provincial ou nas entidades financeiras sinaladas na notificación.
    2. Nas liquidacións periódicas, na Tesourería provincial ou nas entidades financeiras sinaladas na notificación.

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e na normativa de desenvolvemento.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo inicial de aprobación da modificación desta ordenanza adquiriu carácter definitivo o día 16 de decembro de 2004.

    As modificacións desta ordenanza fiscal entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/01/2005 12:54
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/