[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 25 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

padroado do museo de pontevedra

bolsa para perfeccionamento e prácticas
na catalogación de Fondos Xerais

anuncio | modelo de solicitude

anuncio

O Patronato do Museo de Pontevedra, na súa reunión do pasado 29 de decembro, acordou convocar un concurso para outorgar unha (1) bolsa de colaboración co Museo, de acordo coas seguintes:

B A S E S

1.— BOLSA QUE SE CONVOCA
Para perfeccionamento e prácticas na catalogación de Fondos Xerais.

2.— REQUISITOS E CONDICIÓNS

  1. Ser español/la.
  2. Posuír título de Licenciado/a en Historia da Arte, tendo que ser a antigüidade de titulación inferior a tres anos no momento en que a presente convocatoria se faga pública.
  3. Non ter emprego retribuído, nin disfrutar de bolsa algunha, nin ter sido bolseiro/a do Museo de Pontevedra.
  4. Os estudios, colaboracións e prácticas do/a bolseiro/a servirán para o seu perfeccionamento profesional e haberán de realizarse baixo a supervisión e na forma e horarios que sinale a Dirección do Museo.
  5. A bolsa non establece ningunha relación funcionarial nin laboral coa Excma. Deputación Provincial nin co Patronato do Museo, nin supón tampouco ningún compromiso para a incorporación posterior do/a bolseiro/a ó cadro de persoal daquel.

3.— DOTACIÓN E DURACIÓN

  1. A bolsa estará dotada coa cantidade de 10.097,04 euros anuais, pagables por doceavas partes, a razón de 841,42 euros brutos mensuais.
  2. A duración da bolsa será dun ano natural, podendo prorrogarse por períodos iguais se o/a bolseiro/a se fixese acreedor/a a iso, sen que en ningún caso a duración total da bolsa sobrepase tres anualidades.
    O/a beneficiario/a non poderá renunciar á bolsa, a non ser por causa xustificada, sen ter transcurrido, cando menos, seis meses consecutivos, contados desde a data en que, como tal, comece a disfrutala.
  3. A Comisión Delegada de Bolsas poderá propoñer ó Patronato o cese no disfrute da bolsa por falta de dedicación ou por incumprimento das normas sinaladas pola Dirección do Museo.

4.— DOCUMENTACIÓN E PRAZOS

  1. Os/as interesados/as deberán presentar:
    1. Instancia de solicitude cos datos persoais, dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente do Patronato do Museo de Pontevedra.
    2. “Curriculum vitae”, con certificación académica que inclúa o expediente, especificando, ademais, os méritos científicos que considere oportunos.
    3. Declaración xurada de que non ten emprego nin disfruta de ningunha outra bolsa.
  2. O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación destas Bases no “Boletín Oficial” da Provincia, debendo facelo na Secretaría do Museo (Rúa Pasantería, núm. 2-10, Apartado de Correos 104. 36080 Pontevedra).
  3. As solicitudes presentadas serán examinadas e resoltas por un Xurado presidido polo Ilmo. Sr. Presidente do Patronato, actuando como Vogais os membros da Comisión Delegada de Bolsas do referido organismo, expresamente facultada para iso polo Pleno do Patronato, que poderá facer unha selección previa para unha entrevista persoal.
  4. O Xurado reunirase dentro dos quince días naturais seguintes ó de remate do prazo de presentación de solicitudes, sendo o seu fallo inapelable.

5.— REQUISITOS A CUMPRIR POLO/A BOLSEIRO/A

  1. O/a que resulte bolseiro/a presentará documentación oficial acreditativa de tódolos extremos do “currículum” e das súas circunstancias académicas, como requisito previo para iniciar o disfrute da bolsa, que perderá de non cumprir este trámite.
  2. A persoa que obteña a bolsa ha de incorporarse o día 1 do próximo mes de marzo, séndolle expedida pola Dirección do Museo certificación acreditativa do comezo dos estudios e prácticas.
  3. Será imprescindible para optar á prórroga da bolsa a presentación, antes do 30 de novembro do 2005 e en igual día dos anos seguintes, dunha Memoria de Actividades na que se contemplarán tanto as tarefas de investigación persoal como as derivadas da participación nos traballos e labores especificamente desenvolvidos no Museo.
  4. A valoración negativa da Memoria de Actividades pola Comisión Delegada de Bolsas será causa da perda ou extinción da bolsa, previo acordo do Patronato do Museo.
  5. Finalizados os estudios e prácticas poderá emitirse, a petición de parte, informe sobre os mesmos pola Dirección do Museo.

6.— CLÁUSULA FINAL
A concurrencia á presente convocatoria supón a total aceptación das Bases da mesma.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2005.
O SECRETARIO DO PADROADO
DO MUSEO DE PONTEVEDRA
Xosé Fuentes Alende

Boletín Oficial da Provincia, data 19/01/05, número 12, páxina 25, anuncio 2005000289.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/01/2005 09:43
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/