[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 24 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Plan Cultural 2005

Bases | modelos de solicitude | Listado grupos 2005

Anuncio

O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 25 de xaneiro do ano 2005, adoptou entre outros o seguinte acordo:

PLAN CULTURAL 2005

B A S E S

1.— OBXECTO
A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, agrupacións, entidades e asociacións culturais, retribuirá coa cantidade fixada na partida 05/451.451.226.11 ós grupos da provincia polas actuacións aprobadas e realizadas.

2.— DESTINATARIOS
Poderanse acoller a estas axudas as seguintes agrupacións da provincia:

  • Bandas de música
  • Masas corais
  • Grupos folclóricos
  • Grupos de gaitas
  • Roldas
  • Teatro
  • Música clásica
  • Música tradicional
  • Ballet e danza
  • Maxia e humor
  • ...

3.— PRAZO DE INCLUSIÓN
Os interesados cubrirán a solicitude de inclusión neste plan, que presentarán no rexistro xeral deste organismo desde o día seguinte ó da súa publicación no BOP deica o 17 de febreiro de 2005, no modelo oficial que facilitará o departamento de Cultura, acompañada da documentación prevista na base 8.

As agrupacións interesadas na súa inclusión e carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación bancaria da conta aberta a nome do grupo.

4.— SELECCIÓN
A selección e inclusión dos grupos peticionarios levaraa a cabo a Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva.

5.— RETRIBUCIÓN
Cada actuación retribuirase cos seguintes importes:

GrupoImporte/€
Bandas de música:Grupo A600
Grupo B500
Grupo C450
Masas corais:Grupo A270
Grupo B240
Grupos folclóricos:Grupo A270
Grupo B210
Grupo C170
Música tradicional:Bandas de gaitas240
Grupos de gaitas170
Roldas240
Folk270
Música clásica:Grupo A240
Grupo B210
Orquestras340
Teatro:Grupo A500
Grupo B375
Grupos varios:Ballet e danza240
Maxia e humor210
Outros....210


6.— PAGAMENTO
O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura debidamente cuberto, facilitado polo departamento de Cultura e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data de actuación, quedando sen efectos transcorrido o dito prazo.

Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF emitido por Facenda.

Os solistas e agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) e a lexislación de desenvolvemento.

7.— OBRIGA
As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio.

8.— CLASIFICACIÓN
As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira:

  1. BANDAS DE MÚSICA: as que teñan
    1. un mínimo de 70 membros e unha escola de música
    2. un mínimo de 50 membros
    3. un mínimo de 35 membros

      Para seren incluídas nos respectivos epígrafes presentarán como documentación:

      • Fotocopia do CIF da entidade
      • Certificación da conta bancaria
      • Relación nominal de compoñentes e DNI
      • Relación de alumnos e profesorado da escola de música facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial
      • Breve historial da agrupación.

  2. MASAS CORAIS: as que teñan
    1. Un mínimo de 50 membros
    2. Un mínimo de 30 membros

      Para seren incluídas nos respectivos epígrafes presentarán como documentación:

      • Fotocopia do CIF da entidade
      • Certificación da conta bancaria
      • Relación nominal de compoñentes co seu DNI
      • Breve historial da agrupación.

  3. GRUPOS FOLCLÓRICOS: os que teñan
    1. 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc.
    2. 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile
    3. 16 membros e grupo instrumental propio

      Para ser incluídos nos respectivos epígrafes, presentarán como documentación:

      • Fotocopia do CIF da entidade
      • Certificación da conta bancaria
      • Relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI
      • Relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI
      • Relación de alumnos da escola de baile
      • Breve historial da agrupación.

  4. TEATRO

    Para ser incluídos neste epígrafe, presentarán como documentación:

    • Fotocopia do CIF da entidade
    • Certificación da conta bancaria
    • Relación de compoñentes co seu DNI
    • Programación para desenvolver e custo de montaxe
    • Breve historial da agrupación

  5. MÚSICA CLÁSICA, MÚSICA TRADICIONAL E VARIOS

    Música clásica:

    1. Grupo A: grupos de cámara
    2. Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos
    3. Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento)

      Para ser incluídos nos respectivos epígrafes, presentarán como documentación:

      • Fotocopia do CIF da entidade
      • Certificación da conta bancaria
      • Relación de compoñentes co seu DNI
      • Breve historial da agrupación.

9.— SOLICITANTES DAS ACTUACIÓNS
As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para: concretar a data de actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún.

10.— PRAZO DE SOLICITUDES
As peticións para actuacións destes grupos solicitaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración, non concedéndose máis dun grupo por cada acto que teña lugar.

Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención na propaganda e publicidade oral e escrita que confeccionen do patrocinio no acto da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada.

11.— SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS
A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios, tendo en conta as seguintes circunstancias:

  • Adecuación da actuación ó interese provincial: 40%.
  • Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver: 20%.
  • Número posible de beneficiarios do evento: 20%.
  • Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación: 20%.

12.— VIXENCIA
O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2005, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2005
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal

Boletín Oficial da Provincia, data 28/01/2005, número 19, páxina 11, anuncio 2005000651.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/04/2006 10:12
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/