[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 18 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Programa de acción municipal do ano 2005
PAM 2005

Anuncio
SOLICITUDE PAM 2005: INVERSIÓNS | SOLICITUDE PAM 2005: ACTIVIDADES

Anuncio

O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 25 de xaneiro do ano 2005, adoptou, entre outros este acordo:
6.5173.—BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL DO ANO 2005

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de Acción Municipal para o exercicio 2005. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó disposto nestas

B A S E S


Disposicións Xerais

PRIMEIRA.—
O Plan por importe de once millóns trescentos mil euros (11.300.000,00), financiarase con cargo ó consignado no presuposto de 2005 nas partidas 911.911.462.00 e 911.911.762.45. En todo caso as economías producidas por baixas na contratación utilizaranse para subvencionar novas obras e servicios.

SEGUNDA.—
O Obxectivo das obras que se acollan ás subvencións deste Programa de Acción Municipal será asegura-la prestación integral e adecuada dos Servicios de Competencia municipal, dirixido a tódolos concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes.

TERCEIRA.—
Incumbe ós concellos:

  • Solicita-las obras ou actividades que desexan realizar.
  • A tramitación dos respectivos expedientes.
  • A execución e conservación das obras e a realización das actividades que se acollan a este programa.

CUARTA.—
Os concellos interesados presentarán solicitude expresa por cada unha das obras ou actividades que se pretendan executar acolléndose ó Plan. A dita solicitude acompañaranse inexcusablemente os seguintes documentos:

  • Instancia subscrita polo Sr. Alcalde.
  • Proxecto ou memoria e presuposto.
  • Informe do Sr. Alcalde de se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra ou actividade.
  • Resolución ou certificación do acordo do órgano competente do Concello polo que se determine a obra ou actividade e solicite a subvención para a súa realización.

No caso de obras concretarase como mínimo, na súa denominación, o tipo de actuación e a súa localización a nivel de núcleo.

QUINTA.—
As subvencións suxeitas á presente convocatoria deberán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante trinta días naturais. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta ás Bases.

SEXTA.—
Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención non se admitirá o cambio de aplicación da mesma se non se solicita antes do 31 de marzo de 2006, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Deputado en quen delegue, ou no seu caso a Xunta de Goberno, e se poida realiza-la nova obra no prazo de execución que teña establecido a obra precedente.

Non se admitirán cambios de aplicación das subvencións concedidas para actividades.

SÉTIMA.—
As obras serán contratadas na súa totalidade presupostaria nun so acto e a un so adxudicatorio, segundo a solicitude formulada, e deberán ser executadas despois do 1 de xaneiro do presente exercicio e xustificadas antes do 31 de outubro de 2006.

OITAVA.—
Poderá prorrogarse o prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo concello, sempre que se solicite antes da data máxima prevista para a súa xustificación, e así o decida a Xunta de Goberno, Presidente ou Deputado delegado.

NOVENA.—
En canto a competencia para a concesión destas subvencións estarase ó disposto nas Bases de Execución do Presuposto Provincial, previo informe da Comisión correspondente, salvo razóns de urxencia en que poderán concederse dándose conta posteriormente á Comisión.

Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora, a Presidencia poderá dispor de ata un 20% do crédito total de este Programa, destinado a calquera tipo de Entidade Local fóra dos prazos sinalados, sen necesidade do informe previo anterior.


Sección: Inversións

DÉCIMA.—
Poderán acollerse a este Programa calquera das inversións previstas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril.

DÉCIMO PRIMEIRA.—
Estas obras financiaranse con cargo á consignación presupuestaria da partida 911.911.762.45 do exercicio 2005, que ascende a dez millóns cincocentos mil euros (10.500.000,00).

Procurarase elabora-la distribución das subvencións entre os concellos, preferentemente en proporción á poboación e extensión do municipio respectivo.

DÉCIMO SEGUNDA.—
Da cantidade que se asigne a cada Concello detraeráselle ata a totalidade da débeda contraída coa Deputación, para facer fronte ós reintegros que o respectivo Concello teña pendente de pago a 31.12.04 á Caixa de Anticipos de Cooperación, das aportacións municipais ás obras dos Programas de Cooperación Económica Local contratadas pola Deputación, e outras débedas tanto a favor da Deputación como dos seus Organismos Autónomos.

Cando se trate de Mancomunidades, a detracción farase a cada Concello proporcionalmente a súa aportación ó presupuesto da mesma.

DÉCIMO TERCEIRA.—
As subvencións concedidas para financiar obras de carácter básico contempladas no artigo 26 da Lei Reguladora de Bases de Réximen Local poderán acada-lo 100% do seu presuposto total, mentras que as obras contemplados no artigo 25 da mentada Lei, só poderán acada-lo 75%.

A estes efectos, a poboación do Concello a considerar, será a facilitada polo INE a data 01.01.03, que figura na documentación do reparto dos Plans de Cooperación económica do Estado para o ano 2005.


Sección: Actividades

DÉCIMO CUARTA.—
Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes só poderán financiarse actividades que se realicen no ano 2005, preferentemente dedicadas a concursos literarios, periodísticos, festexos tradicionais, folclóricos, musicais, deportivos, e outros semellantes organizados pola Entidade Local.

DÉCIMO QUINTA.—
Estas subvencións imputaranse á partida 911.911.462.00 do presuposto para o exercicio de 2005, que ascende a oitocentos mil euros (800.000,00).

DÉCIMO SEXTA.—
As peticións formularanse para actividades concretas. Non se admitirán peticións de carácter xeral.

Os gastos de viaxes e de pequenos equipamentos non deberán sobrepasar-lo 50% do importe, salvo que sexan determinantes para o seu desenvolvemento, o que se xustificará debidamente.

As solicitudes terán carácter individualizado para cada actividade.

DÉCIMO SÉTIMA.—
A concesión, e no seu caso, o importe da subvención graduarase en función dos seguintes criterios:

  • Interese xeral da actividade.
  • Número de persoas que poidan beneficiarse da mesma.
  • Custo en relación coa capacidade económica da Entidade Local que a organice.
  • Porcentaxe que se solicita como subvención.
  • Fomento dos valores que se patrocinen, especialmente en relación coa Comunidade Autónoma.

DÉCIMO OITAVA.—
Poderán admitirse solicitudes fóra de prazo se non puideran preverse con anterioridade as actividades de que se trate.


Sección: Xustificacións

DÉCIMO NOVENA.—
A xustificación da execución das obras ou actividades que se acollan á subvención deste Plan de Acción Municipal realizaranse nos impresos facilitados polo Servicio de Cooperación, cumprindo os requisitos que a continuación se sinalan, por duplicado exemplar:

  1. Certificación de funcionario competente na que conste se se obtivo ou se solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra ou actividade, e a súa contía.
  2. Se a obra se fai por contrata:
    • Certificación da obra debidamente dilixenciada, acompañada da correspondente factura.
    • Aprobación da mesma polo órgano de Goberno competente do Concello.
  3. Se a obra se fai por administración:
    1. Certificación de obra realizada.
      A certificación da obra debidamente dilixenciada, que exprese a execución do proxecto, presuposto ou memoria valorada e aprobación da mesma polo órgano de Goberno competente do Concello.
    2. Subministros e servicios.
      A xustificación dos subministros e servicios farase mediante factura orixinal ou fotocopia debidamente dilixenciada cos requisitos que lle dean validez. En todo caso, na factura figurará o recibido e conforme do técnico ou funcionario municipal encargado, debidamente identificado con cargo, nome e apelidos, que será aprobada polo órgano competente do Concello.

VIXÉSIMA.—
A documentación a que se refire a base décimonovena debe refricti-la realidade da obra, servicio ou actividade subvencionada.

O órgano concedente poderá autorizar que se xustifique únicamente a subvención concedida, se non leva aparellada a aportación obrigatoria de ningunha porcentaxe.

VIXÉSIMO PRIMEIRA.—
En calquera momento a Deputación Provincial, a través dos seus técnicos, poderá comprobar se a obra ou actividade se axusta ó previsto no proxecto, presuposto ou memoria valorada.


Disposicións finais

VIXÉSIMO SEGUNDA.—
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

VIXÉSIMO TERCEIRA.—
Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia poderanse interpoñer reclamacións contra as bases.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2005
O PRESIDENTE
O SECRETARIO ACCTAL.

Boletín Oficial da Provincia, data 03/02/05, número 23, páxina 37, anuncio 2005000787.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/02/2005 07:47
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/