[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS
PARA A FORMULACIÓN DE PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL

Anuncio | SOLICITUDE

anuncio

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 4 de febreiro de 2005, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
7.12768.—BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS PARA A FORMULACIÓN DE PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL

Apróbanse as bases reguladoras da concesión de subvencións a Entidades Locais para a formulación de Planeamento Urbanístico Xeral, con cargo á partida 05/911.911.462.09 do vixente Orzamento e sen que o gasto orixinado por todos eles exceda a dotación consignada.

Ditas bases son como seguen:

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
A ENTIDADES LOCAIS PARA A FORMULACIÓN
DE PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público a regulación de subvencións a Entidades Locais para a formulación de Planeamento Urbanístico Xeral. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó disposto nestas

B A S E S

Disposicións Xerais

1.— OBXECTO E DESTINATARIOS
Constitúe o obxecto da presente convocatoria a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva á concellos de menos de 50.000 habitantes da Provincia de Pontevedra que o soliciten, e que desexen promover o planeamento urbanístico xeral que se prevén nestas bases.

2.— PLANS SUBVENCIONABLES

  1. Poderán ser obxecto de subvención as redaccións de Plans Xerais de Ordenación Municipal, ben sexa como figura de nova formulación ou como revisión ou adaptación dos mesmos. Excepcionalmente poderán acollerse a estas axudas outras figuras de desenvolvemento do planeamento xeral municipal.
    Daráselle prioridade a aqueles Concellos con plans en vigor anteriores ó ano 2000. En ningún caso se poderán acoller a estas axudas as entidades locais de carácter supramunicipais
  2. Tamén se poderán acoller a estas axudas aqueles concellos que, á data de publicación destas bases, tivesen contratados ou en fase de contratación a redacción ou adaptacións de Plans Xerais de Ordenación Municipal.
  3. Igualmente, tamén será posible a concesión de axudas por fases de traballo, sempre e cando o contemple o prego de condicións , mediante o que se procedeu a súa contratación.

3.— FINANCIAMENTO
As axudas outorgadas conforme o disposto nestas bases serán financiadas con cargo a aplicación orzamentaria 911.911.462.09 do Orzamento Xeral para o exercicio 2005, e que ascende a seiscentos mil (600.000,00 €). Esta cantidade poderase incrementar se as dispoñibilidades económicas o permiten.

4.— CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
Os criterios de selección das solicitudes para o outorgamento destas axudas serán os seguintes, por orde de prevalencia:

  1. Revisión, adaptación, ou modificación do Planeamento Xeral vixente ou en tramitación consonte á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, de 29 de decembro, así como a cartografía que, de ser o caso, resultase precisa.
  2. A adxudicación das subvencións realizarase especialmente a favor daqueles municipios que non perciban subvencións da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
  3. Prevalecerán en todo caso os plans xerais sobre outros instrumentos de planeamento como os Plans parciais. Valorarase, en todo caso, a antigüidade do Planeamento vixente, con prioridade dos concellos con plans en vigor anteriores ó ano 2000.
  4. Redacción de Plans Xerais daqueles municipios rurais pequenos que teñen especial problemática urbanística.
  5. Poderase ter en conta a entidade do concello (poboación, dimensión e complexidade dos núcleos urbanos), as especiais características urbanísticas, a influencia da aprobación do planeamento urbanístico para acadar intereses públicos concretos, a situación en áreas de alta conflictividade urbanística e a existencia de bens de interese cultural ou espacios naturais declarados polo organismo competente.

Estas circunstancias acreditaranse mediante informe municipal.

5.— CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS
As subvencións que se outorguen serán de ata un 75% do orzamento total, tendo en conta o número de solicitudes presentadas e os criterios de selección. Se ben en funcións das solicitudes recibidas determinarase a cantidade a conceder a cada Entidade Local.

Para a valoración do custo de execución do Plan tomárase como referencia os criterios de baremación aprobados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, coas actualizacións que, de darse o caso, fose preciso introducir.

En caso de percibir outras axudas tanto por entes públicos como privados, o importe total das subvencións recibidas non poderá superar o custe total dos gastos de realización.

6.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As subvencións suxeitas á presente convocatoria deberán solicitarse no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se xunta ás Bases, acompañada inescusablemente da seguinte documentación:

  • Instancia subscrita polo Alcalde.
  • Memoria e presuposto da redacción do Plan Xeral ou modificación do mesmo.
  • Informe municipal de acordo co previsto na Base 4ª, Apartado 2º e 3º.
  • Declaración responsable de se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para o mesmo traballo.
  • Resolución ou certificación do acordo do órgano competente do Concello polo que se determine o traballo e a subvención para súa realización.
  • Certificación da adxudicación da elaboración dos traballos indicando o importe e a forma de pagamento, ou ben certificación de ter acordada a apertura do procedemento de licitación ou terse publicado a convocatoria, no suposto previsto na Base 2ª, Apartado 2.

Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora a Presidencia poderá dispor de crédito para axudas que se presenten fóra do prazo establecido.

7.— OUTORGAMENTO DA SUBVENCIÓN

  1. En canto á competencia para o outorgamento destas subvencións, estarase o disposto nas Bases de execución do Orzamento Provincial.
  2. Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pagamento da mesma efectuarase previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas tributarias con esta Deputación, así como da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Seguridade Social, e previa xustificación da inversión realizada nos termos e forma que proceda.

8.— ACEPTACIÓN DA SUBVENCIÓN
As Entidades Locais beneficiarias disporán dun prazo dun mes contado a partir da recepción da notificación da Resolución da Concesión para comunicar a aceptación da concesión para o devandito traballo.

A tal efecto, deberá remitir un acordo do órgano competente polo que se acepta a subvención.

9.— XUSTIFICACIÓNS DE SUBVENCIÓNS
O concello terá que xustificar antes do 20-12-06, mediante certificación acreditativa aprobada polo órgano competente de terse redactado o planeamento urbanístico. En caso de que se realizase só unha fase do planeamento ou varias de acordo co disposto no prego de condicións deberá xustificarse mediante acordo do órgano competente a realización parcial dos traballos.

A tal efecto, o concello deberá presentar certificación detallada, expedida polo director do traballo, relativa ó cumprimento da fase, dos pregos de prescricións do contrato subscrito e o pagamento proporcional que lle corresponde ó concello con respecto á fase citada.

10.— CONTROL E INSPECCIÓN
A Deputación Provincial de Pontevedra, levará a cabo a inspección e control do cumprimento por parte do beneficiario en relación co destino correcto das subvencións outorgadas. Así mesmo, os beneficiarios deberán someterse as actuacións de control da actividade económica financeira que corresponda á Intervención Xeral, o Consello de Contas, ou a outros órganos competentes.

11.— PRÓRROGA
Se o prazo de xustificación se incumprise, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello e así o decida o órgano concedente, sempre que se solicite antes da data máxima prevista para a súa xustificación.

Disposicións finais

12.— INCUMPRIMENTO
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento de Recadación.

13.— RECLAMACIÓNS
Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia poderanse interpoñer reclamacións contra as bases.

O que lle comunico a Vde. para o seu coñecemento e efectos, coa salvidade que establece o art. 206 do ROF.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2005.
O SECRETARIO ACCIDENTAL
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 15/02/05, número 31, páxina 5, anuncio 2005001027.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/02/2005 20:54
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/