[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación Provincial

CERTAME NOVOS VALORES 2005

Anuncio | Acta do xurado

Anuncio

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria, do día 25 de febreiro do ano 2005, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

CERTAME “NOVOS VALORES” 2005

B A S E S

PRIMEIRA.—
Poderán participar neste certame, sen límite de idade, todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas, videocreadores, etc.), susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo, en último caso, acreditar documentalmente esa circunstancia. Quedan excluídos da convocatoria os artistas xa premiados nalgunha das anteriores convocatorias deste mesmo certame.

SEGUNDA.—
As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros concursos. Só se aceptarán dúas obras por artista en cada especialidade. O seu peso non será superior ós 500 kg e a súa máxima dimensión non excederá os 2'00 m.

TERCEIRA.—
As obras presentaranse no edificio “Sarmiento” do Museo Provincial, ben persoalmente, ben por calquera medio de transporte que garanta a súa entrega. O prazo de entrega estenderase desde o día 3 ata o 13 de maio deste ano, de martes a venres, entre as 10:00 e as 13:00 horas. Xunto coa obra ou obras, os artistas entregarán unha fotocopia do seu DNI e o boletín de inscrición debidamente cuberto. Este poderá ser recollido tanto no Servizo de Cultura da Deputación Provincial coma no Museo de Pontevedra. No momento da entrega, os concursantes recibirán un recibo que o documenta. A súa presentación será imprescindible para a posterior retirada da obra.

CUARTA.—
A Deputación, como entidade organizadora do certame, custodiará as obras recibidas pero non se fará responsable dos sinistros de calquera clase que se puidesen producir durante o transporte, custodia, exposición e devolución das obras. Recoméndase, por iso, que todas veñan aseguradas.

QUINTA.—
Correrán por conta dos concursantes os gastos de envío e de devolución das obras. A súa retirada, conforme ós prazos que se sinalan na base oitava, deberá realizarse de maneira persoal prioritariamente. Se non se fai así, será responsabilidade dos interesados a xestión directa da devolución.

SEXTA.—
As obras presentadas ó certame serán obxecto dunha primeira selección coa que se conformará a exposición Novos Valores 2005, que estará aberta ó público, no lugar que oportunamente se indicará, durante o mes de agosto.

SÉTIMA.—
Todas as obras seleccionadas serán reproducidas no catálogo que se editará como complemento da exposición. Corresponderalles ós seus autores, non obstante, a xestión ou a obtención dos permisos necesarios para esa inserción gráfica.

OITAVA.—
As obras non seleccionadas deberán retiralas os seus autores dentro dos dez días seguintes ó da difusión pública dos acordos do xurado seleccionador. As seleccionadas, á súa vez, deberán ser recollidas, tamén polos seus autores, nos dez días seguintes ó último no que estivesen expostas. No caso contrario, entenderase que renuncian á súa propiedade, quedando a organización facultada para tomar as decisións que sobre elas estime oportunas.

NOVENA.—
O xurado seleccionador, que será nomeado polo Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial, estará composto polos seguintes membros:

  • Presidente:
    - O titular da Corporación provincial ou deputado en quen delegue.
  • Vogais:
    - O deputado-presidente da Comisión de Cultura.
    - Cinco persoas de recoñecido prestixio nos campos da Crítica, das Artes ou da Historia da Arte.
  • Secretario:
    - O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue.

DÉCIMA.—
Este mesmo xurado será o encargado de propoñer, de entre as obras inicialmente seleccionadas, a adxudicación ós seus autores de cinco axudas económicas para a ampliación dos seus estudos artísticos, por un importe de seis mil euros (6.000,00 €) brutos cada unha, con cargo á partida 05/451.451.481.01 do vixente orzamento provincial.

UNDÉCIMA.—
O beneficiarse da axuda económica será obxecto dun convenio entre o adxudicatario e a Excma. Deputación Provincial no que se concretará o seu emprego, aboándose o 50% do importe no momento de asinalo e o 50% restante á entrega da memoria, coa xustificación do investimento realizado, e de dúas obras orixinais e asinadas.

DUODÉCIMA.—
A participación neste certame implica a aceptación plena destas bases. O xurado seleccionador, cuxas decisións serán inapelables, queda facultado, ademais, para interpretar e resolver as dúbidas que se puidesen presentar no transcurso das súas deliberacións.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2005


Boletín Oficial da Provincia, data 04/03/05, número 44, páxina 15, anuncio 2005001752.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/07/2005 13:18
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/