[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 23 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

BASES DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Anuncio | Declaración | Solicitude de subvención

Anuncio

O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria, do día 23 de febreiro do ano 2005, aprobou, entre outros, o seguinte acordo:

BASES DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Esta Deputación Provincial, consciente da importancia de fomenta-lo deporte en tódalas súas facetas e coñecedora das carencias tanto en material coma en instalacións que teñen aqueles que desexan realiza-la súa práctica, establece axudas para paliar ese déficit que se rexerán polas seguintes:

B A S E S

1.— OBXECTO
A Deputación Provincial de Pontevedra concederalles axudas económicas para material deportivo inventariable e mellora de instalacións deportivas ás agrupacións e clubs deportivos sen fin de lucro no seu ámbito territorial, durante o exercicio actual, que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 05/451.452.789.00, cunha dotación de douscentos mil (200.000,00) euros, que poderá ser ampliada en función das dispoñibilidades.

A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria.

2.— BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas tódalas agrupacións e clubs deportivos legalmente constituídos que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro.
  2. Desenvolve-las súas actividades no ámbito territorial da provincia ou sobre temas de interese para a provincia.
  3. Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidades para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

3.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse no modelo de instancia que se facilitará no Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e presentaranse no rexistro xeral da Deputación no prazo de trinta días, a contar dende o día seguinte ó da súa publicación no BOP e achegándolle ademais os documentos seguintes:

  1. Tarxeta de identificación fiscal.
  2. Fotocopia do DNI do representante legal.
  3. Memoria explicativa da necesidade do material ou instalacións, asinada polo representante .
  4. Orzamento detallado asinado polo solicitante.
  5. Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade a subvencionar.
  6. Certificación de estar ó corrente das obrigas tributarias e coa seguridade social.
  7. Certificado da conta bancaria ó seu nome.

As entidades deportivas deberán dispor de libros contables, rexistros dilixenxiados e demais documentación debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ó beneficiario, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no artigo 70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, do procedemento administrativo, requirirase ó interesado para que, no prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou achegue os documentos preceptivos, indicando que, no caso de non o facer, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites.

4.— VALORACIÓN E CONCESIÓN
Para adxudica-las axudas teranse en conta os seguintes criterios:

  1. Categoría da agrupación ou club, ata 15 puntos.
  2. Número de licencias federativas, ata 15 puntos.
  3. Antigüidade da agrupación ou club deportivo, ata 10 puntos.
  4. Orzamento total do investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos.
  5. Adecuación dos investimentos que se van realizar ó interese provincial, ata 30 puntos.

As propostas da concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión de Xuventude e Deportes. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado.

Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte do remate do prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá supera-lo 100% do custo real da adquisición ou mellora.

5.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
Os beneficiarios deberán xustifica-lo investimento con facturas, recibos e demais documentos fidedignos, que reúnan os requisitos legais, para efectos do IVE e de carácter xeral, no prazo de tres meses e, en todo caso, antes do 31 de marzo de 2006, quedando anulada a subvención unha vez transcorrido dito prazo.

Para cobraren a axuda as entidades deportivas deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Recadación.

Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis do importe xustificado có límite da subvención concedida.

Para o pagamento da subvención terase en conta o seguinte:

No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.

No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da subvención.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.

6.— DEVOLUCIÓN E REINTEGRO
As axudas concedidas deberán devolverse ou reintegrarse nos seguintes casos:

  1. Por obtelas falseando as condicións requiridas.
  2. Por non aplica-los fins para os que foi concedida.
  3. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases.

7.— PARA O NON DISPOSTO NAS PRESENTES BASES
contemplarase o establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03).

Pontevedra, 23 de febreiro de 2005.


Boletín Oficial da Provincia, data 04/03/05, número 44, páxina 16, anuncio 2005001750.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/03/2005 07:16
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/