|
 |
|
 |
Páxina [1] 2 3 |
Nº 59 Inventario. Arquivo do Concello de Bueu
Pereira Figueroa, Miguel (dir.)
Diputación Provincial de Pontevedra, 2006
ISBN: 84-8457-265-X
104 p.
Il. b/n.; 22 x 16 cm
P.V.P.: 6,00 €
Esgotado
No ano 2004 o Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación procedeu a reorganizar e describir a documentación municipal de Bueu, de acordo co novo cadro de clasificación para arquivos municipais, concluíndo coa elaboración dos oportunos instrumentos, en soporte tradicional e informático, para o seu manexo e consulta. Publícase aquí unha breve guía, o cadro de clasificación e o inventario básico das 2.775 unidades de instalación conservadas. Esta documentación, que sufrira nos últimos anos sucesivos traslados e avatares ata o seu destino actual, corresponde basicamente ós séculos dezanove e vinte, aínda que conserva documentos illados anteriores como unha escritura foral de 1503. En todo caso, son testemuño real de decisións, actuacións, servizos e accións desenvolvidas polo Concello e, polo tanto, unha fonte de extraordinaria importancia para o seu estudo e coñecemento, así como garantía de dereitos.
Volver á páxina anterior
|
|
 |
|