[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 16 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Editorial » Catálogo » Índice de títulos
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Editorial
Información
Coleccións
Publicacións periódicas
Distribución e venda
Catálogo
Buscador de publicacións
Índice de títulos
Índice de autores
Coleccións
Libros dixitais

Páxina [1] 2 3
EDITORIAL  

Catálogo. Títulos

Freixanes. Trazos desde el olvido
Varios autores


Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-340-1
201 p.
Il. col.; 25,5 x 22 cm
P.V.P.: 28,00 €




Xosé Freixanes, nado en Pontevedra en 1953, é un exemplo da vanguarda plástica galega. Estudou Belas Artes en Bilbao e Madrid e comeza a súa traxectoria como artista nos 80 a través do grupo “Atlántica”, co que realizou murais en centros de ensino e institucións de Galicia, como Ponteceso ou Compostela, e exposicións individuais e colectivas. En 1995 realiza a súa primeira viaxe á India, interésase polos comportamentos plásticos artesanais, e mantendo a pintura como base da súa expresión plástica os seus traballos cuestionan conceptos como a memoria e a permanencia. O libro fai un breve percorrido pola traxectoria do artista, mostrando as súas últimas intervencións no espazo público entre o 2002 e o 2008: “Voces de basalto negro” en Damasco (2007), “Las huellas de Chantal” en Granada (2002), “Escrituras” no Círculo de Belas Artes de Madrid (2003), “Los pies de la bailarina” no Instituto Cervantes de Madrid (2008), “El otro camino” en Sagunto (2007) e “72 silencios” no Pazo de exposicións e congresos de Pontevedra (2008). A súa obra podémola atopar en museos e coleccións públicas coma no Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), no Círculo de Belas Artes (Madrid), a Colección da Xunta de Galicia, Colección Unión Fenosa (A Coruña), Chase Manhattan Bank (Nova York), Colección Banco de España (Madrid), Colección Caixanova (Vigo), Colección Caja Madrid… A editorial da Deputación de Pontevedra xa contaba con dous libros dedicados ó artista, “Freixanes”, de Xosé Antón Castro (1992), e “Fragmentos del todo (como flores tardías)”, de Xosé Freixanes (1999). Actualmente Xosé Freixanes reside en Madrid e é profesor na Facultade de Belas Artes de Granada.



Volver á páxina anterior

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/09/2019 18:38
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/