[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 21 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Editorial » Catálogo » Índice de títulos
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Editorial
Información
Coleccións
Publicacións periódicas
Distribución e venda
Catálogo
Buscador de publicacións
Índice de títulos
Índice de autores
Coleccións
Libros dixitais

Páxina [1] 2 3
EDITORIAL  

Catálogo. Títulos

Patrimonio Monumental religioso en la provincia de Pontevedra y el Camino de Santiago (2 volúmenes)
Fontoira Surís, Rafael


Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-337-1
543 p.
Il. b/n.; 30 x 21 cm
P.V.P.: 60,00 €




Este libro pasa a formar parte da colección Helenes, unha serie pertencente á Editorial desta Deputación que agrupa títulos circunscritos a Pontevedra, cidade capital. Engloba esta colección, de feito, obras como Rúas de Pontevedra, Historia del hospital de Pontevedra, O Liceo Casino, A vella Moureira e Pontevedra Monumental, entre outros, todos eles traballos que recollen a vida social, personaxes e institucións pontevedresas máis destacadas. A través da súa lectura descubriremos que a provincia de Pontevedra é un verdadeiro Museo no que están representados tódolos estilos, desde o prerrománico, o románico, o gótico, o Renacemento, o barroco, o neoclásico e o ecléctico. O autor amósanos o patrimonio monumental relixioso da provincia de Pontevedra e o Camiño de Santiago; dividido en dous volumes, no primeiro deles ilústranos con edificacións desde o prerrománico ata o románico: igrexas románicas inéditas, igrexas románicas do Camiño Portugués, castelos medievais, unha aldea medieval e barroca, igrexas monásticas, igrexas do Reino de León, mosteiros, a Catedral de Tui… E o segundo volume contén edificacións desde o gótico ó neoclásico: igrexas góticas, edificacións renacentistas, igrexas barrocas, igrexas neoclásicas e eclécticas, baldaquinos, murais… Entre as principais edificacións destacamos: a Catedral de Tui (románico), a Basílica de Santa María la Mayor (Renacemento), o Convento de San Francisco (gótico), Colexiata de Vigo (neoclásico) e San Bartolome de Pontevedra (barroco).



Volver á páxina anterior

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/08/2019 07:28
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/