[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 23 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Editorial » Catálogo » Índice de títulos
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Editorial
Información
Coleccións
Publicacións periódicas
Distribución e venda
Catálogo
Buscador de publicacións
Índice de títulos
Índice de autores
Coleccións
Libros dixitais

Páxina [1] 2 3
EDITORIAL  

Catálogo. Títulos

Legado musical del Maestro Augusto Bárcena, El
Costa Vázquez, Luis


Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-353-1
150 p.
Il. col.; 23,5 x 23,5 cm
P.V.P.: 25,00 €




Augusto Bárcena Saracho naceu en Vigo en 1883, froito do matrimonio de Augusto Bárcena Franco e de María Saracho Spínola, condes de Casa Bárcena, título hereditario outorgado polo papa Pío X e que, na actualidade, lle dá nome a unha rúa na súa cidade natal. Seu tío Manuel Bárcena Franco obtivo de Alfonso XIII o título de conde de Torrecedeira. Foron os Bárcena Franco unha das familias de referencia dentro da alta sociedade daquel Vigo que, entre os últimos anos do século XIX e os primeiros do XX, iniciou o despegue industrial que o convertería na primeira cidade de Galicia. Propietarios de casas de banca e consignatarios de buques, tamén invertiron en industrias do ocio coma o Teatro Tamberlick ou en proxectos coma o tranvía entre Vigo e Baiona. Homes moi activos, polo demais, na política e en todo o que tiña que ver coa vida pública daquel momento. Augusto Bárcena Saracho realizou os seus estudos en Vigo, Madrid, onde se licenciou en Dereito, e Barcelona, onde estudou Comercio. En 1910 foi proposto para vicecónsul de Noruega en Vigo, país que tamén representara antes seu pai, o conde de Casa Bárcena. Musicalmente tamén se formou en Vigo con Mónico García de la Parra, director da Banda Municipal de Música de Vigo, e contou co maxisterio e amizade de recoñecidos músicos do seu tempo coma Ángel Rodulfo entre outros, pero foi en Barcelona onde se instala a partir de 1914 para dedicarse enteiramente á música ó entrar en contacto con Manuel Burgés, compositor barcelonés de gran prestixio e fundador da Escuela Musical Internacional de Barcelona e da Sociedad Barcelonesa de Conciertos. Algunhas das súas creacións chegaron a ser altamente populares no seu tempo entre as que destacan as súas obras con textos en galego ou de temática do país.



Volver á páxina anterior

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/10/2019 21:19
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/