|
 |
|
Fondo Concello de Pontevedra
|
|
Título de alcalde da vila de Pontevedra dado polo Arcebispo
de Santiago a favor de Gonzalo de Camoes. 1439. |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.AHPPO.36038 |
1.2. |
Título |
Concello de Pontevedra |
1.3. |
Datas |
1438-1908 |
1.4. |
Nivel de descrición |
Fondo |
1.5. |
Volume e soporte |
160 caixas en soporte papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Pontevedra |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O primeiro foro do “burgo de Pontevedra”, concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade.
Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ó arcebispo Pedro Compostelano a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición realenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), agás unha pequena paréntese realenga (1594-5) en tempos de Felipe II.
A vila consegue ó longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de grande importancia para o seu desenvolvemento económico.
Xa a mediados do século XIII nos atopamos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de lle propoñer anualmente ó arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous xustizas. O arcebispo resérvase o nomeamento directo dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun maxordomo cuia función é esencialmente recadatoria.
Desde finais do século XV deica a fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcades,varios rexedores (a finais do século XV o seu número estabilízase en 10) e dous procuradores xerais.
A transición do antigo ó novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedurías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ó alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. En dito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22. |
2.3. |
Historia arquivística |
No Libro Rexistro de Entrada de documentación do Arquivo Histórico de Pontevedra non figura a data de ingreso do Arquivo do Concello de Pontevedra.
Só existe a constancia dunha acta da Comisión Municipal Permanente do Concello de Pontevedra, de 16 de maio de 1940, na que dita Comisión accede á petición do director do Arquivo Histórico de Pontevedra para que se lle concedan, en calidade de depósito, todos os documentos reseñados no Inventario do Arquivo do Concello de Pontevedra |
2.4. |
Forma de ingreso |
Depósito |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
As series máis destacables son: as actas municipais, nos chamados Libros de Consistorio, que conteñen os acordos tomados polo concello da vila de Pontevedra; nomeamento e títulos de alcaldes, rexedores e xuíces e outros cargos; cobrados; contas de propios e arbitrios; preitos civís e criminais; abastos; veciñanzas; feiras; mercados. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Conservación permanente por tratarse de documentación histórica |
3.3. |
Novos ingresos |
|
3.4. |
Organización |
I-A) RÉXIME XERAL 1-Señorío arcebispal 2-Privilexios da vila 3-Veciñanza 4-Capitalidade 5-Fomento da vila 6-Arquivo municipal
II-B) VIDA MUNICIPAL 1-O concello e a súa constitución 2-A facenda municipal 3-A administración municipal 4-Gremios e confrarías 5-Vida relixiosa 6-Vida marítima. Pesca 7-A nobreza
III-C) A VIDA MUNICIPAL EN RELACIÓN CO ESTADO E A CABEZA DE PROVINCIA 1-Devesas reais 2-Política 3-Estado 4-Guerra 5-Ordes 6-Solemnidades 7-Impresos varios
IV-D) A XUSTIZA 1-Xurisdición 2-Xuíces 3-Preitos civís 4-Preitos criminais 5-Causas de oficio 6-Cuestións varias (Protocolos e escrituras soltas)
V- ÍNDICES |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Libre, limitándose o acceso naqueles documentos nos que o seu estado de conservación así o aconselle |
4.2. |
Condición de reprodución |
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Consérvase un Cantoral do século XVI en pergameo |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Catálogo e índices onomástico, xeográfico e de materias |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
|
5.2. |
Existencia e localización de copias |
|
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Fondo do Arquivo Municipal de Pontevedra |
5.4. |
Nota de publicacións |
- Monografías DOCUMENTOS inéditos para la historia de Pontevedra. Pontevedra: La Opinión: Sociedad Arqueológica,1986 FERNÁNDEZ-VILLAMIL Y ALEGRE, Enrique: Pontevedra: historia sucinta del nacimiento de una capitalidad. Pontevedra: Imprenta Paredes,1946 FERREIRA PRIEGUE, Elisa: Galicia en el comercio marítimo medieval. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, 1988 FILGUEIRA VALVERDE, Xosé: Archivo de mareantes. Madrid: Instituto Social de la Marina,1946 FORTES BOUZÁN, Xosé: Historia de la ciudad de Pontevedra. A Coruña: La Voz de Galicia, S.A.,1993 GARCÍA-BRAÑA,Celestino; JUEGA PUIG, Juan;PEÑA SANTOS, Antonio de la: Pontevedra: planteamiento histórico y urbanismo. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra,1988 GARCÍA-LOMBARDERO, Jaime: La agricultura y el estancamiento económico de Galicia en la España del Antiguo Régimen. Madrid: Siglo XXI de España,1973 GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Xoán Miguel: Bouzas y otros juzgados gallegos del siglo XVIII: la conflictividad judicial ordinaria en la Galicia Atlántica (1670-1820). Vigo: Instituto de Estudios Vigueses, 1991 PEÑA SANTOS, Antonio de la; JUEGA PUIG, Juan; LOPEZ DE GUEREÑU POLÁN,Luis: Historia de Pontevedra. Oleiros (A Coruña): Vía Láctea,1996 PEREIRA FERNÁNDEZ, Xosé Manuel: A Pontevedra de Felipe II. Valga: Concello de Valga,2000 PÉREZ FARIÑA, Mª Luisa: La ciudad de Pontevedra: evolución histórica y demográfica. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela 1985 SANTOS CASTROVIEJO,Santiago: Historia da pesca e da salgazón. Vigo: Instituto de Estudios SOTELO RESURRECIÓN, Enrique: Pontevedra: 1840-1915. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra 1997
- Artigos en publicacións periódicas FORTES, Xosé; ROSALES, Pili; VILLAR, Vicente: “Pontevedra hace un siglo.I”. En: Pontevedra: revista de estudios provinciales, nº 5 (1989), pp. 11-32 GONZÁLEZ FERNANDEZ, Xoan Miguel: “Los caracteres socioprofesionales de los Alcaldes Ordinarios de Pontevedra en el Antiguo Régimen”. En: Pontevedra: revista de estudios provinciales, nº 8-9 (1992), pp. 71-81 PEREIRA FERNÁNDEZ, Xosé Manuel: “De Cofradía do Corpo Santo a Gremio de Mareantes” En: El Museo de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra. Vol. LVI (2002). Pp. 157-168 |
|
 |
 |
 |
 |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber |
7.2. |
Regras ou normas |
ISAD (G), 2ª ed. |
7.3. |
Data da descripción |
Outubro 2004-febreiro 2005 |
|
 |
|
|