[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 23 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

Bases reguladoras de axudas a cooperativas
da provincia de Pontevedra. Principios xerais

Anuncio

Anuncio

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2005, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
8.12802.—BASES REGULADORAS DE AXUDAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.
PRINCIPIOS XERAIS

A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia das Cooperativas e do movemento cooperativista para o desenvolvemento do sector agropecuario provincial, establece as axudas ás mesmas e que se rexerán polas presentes bases.

1.— OBXECTO
Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorgue a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida orzamentaria 05/711.711.789.00 cun crédito inicial de trescentos trinta mil euros (330.000,00 €), dos cales detraerase a cantidade de 153.000,00 €, para atender a peticións formuladas e non atendidas no año 2004.

2.— ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDA E CONTÍA DA SUBVENCIÓN

  1. Serán obxecto de axuda as inversións realizadas polas cooperativas, para mellorar os servizos que preste ós socios (construccións, equipamentos, maquinaria, instalacións, reparacións en edificios que sexan inversións, estudios técnicos, mobiliario, etc.).
  2. As axudas económicas poderán alcanzar ata o 50% da inversión realizada, sempre que sexan compatibles con outras axudas recibidas para a mesma inversión por outros organismos e que en ningún caso a concorrencia destas superará o custo da inversión realizada.

3.— ÓRGANO DE CONCESIÓN
El Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión de Agricultura e Gandería, salvo en casos de urxencia na que se podería conceder a axuda e dando conta posteriormente á Comisión.

4.— BENEFICIARIOS
Poderá solicitar as axudas calquera cooperativa agraria da Provincia de Pontevedra, tendo prioridade para a percepción das axudas, as cooperativas de segundo grado e as cooperativas que teñan maior número de socios.

5.— FORMULACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, achegándose a documentación seguinte:

  1. Instancia firmada polo Presidente da Cooperativa.
  2. Acordo do órgano de Goberno da mesma.
  3. Memoria descritiva da inversión a realizar, especificando as características técnicas dos equipamentos e maquinaria, obras, estudos técnicos, mobiliario, etc.
    Nas obras achegarase Orzamento Técnico das mesmas, coas unidades de obra desagregada e prezo unitario das mesmas.
  4. Certificado de acordo da xunta de goberno da Cooperativa comprometéndose á realización das obras.
  5. Certificación, na que conste se se solicitaron ou se obtiveron axudas para as inversións para as que solicita axuda de outras administracións públicas, e a súa contía en relación co orzamento total das inversións a realizar.
  6. Tarxeta de identificación fiscal e certificado da conta bancaria.
  7. Número de Socios de cada cooperativa e categoría da mesma.
  8. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000,00 €, no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000,00 € no suposto de subministro de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que o gasto se realizara con anterioridade á solicitude da subvención (art. 31.3 Lei 38/03)
    Esta situación deberá acreditarse no expediente da subvención concedida.

6.— PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As axudas que se contemplan na presente Convocatoria poderán solicitarse desde o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, durante trinta (30) días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial.

7.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS

  1. Para recibir as subvencións concedidas será necesario presentar na Deputación Provincial, os seguintes escritos:
    1. Escrito firmado polo Presidente da Cooperativa, dirixido ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra solicitando o pago da axuda concedida.
    2. Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas das mesmas ou certificación das obras realizadas firmada por técnico competente.
    3. Certificación da axuda recibida ou concedida para as mesmas inversións por outros organismos públicos e a súa contía con respecto ó gasto total realizado.
    4. Certificación de estar ó corrente de pago coa seguridade Social e a AEAT.
  2. A efectos de xustificación do gasto, en ningún caso consideraranse gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda (art. 31.8 Lei 38/03), polo que tales extremos se xustificaran no expediente.
  3. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade ó financiamento do período de xustificación (art. 31.2 Lei 38/03, Xeral de Subvenciones)
  4. A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase, en todo caso antes do 31 de outubro de 2006.

8.— CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS
Os servicios técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión de subvencións e para que se realicen correctamente as inversións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo os resultados no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas.

9.— RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nas Bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas.

As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto n Regulamento Xeral de Recadación.” Pontevedra, a 28 de febreiro de 2005.—O Secretario Acctal., ilexible.

Pontevedra, a 28 de febreiro de 2005.
O SECRETARIO ACCTAL.
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 09/03/2005, número 47, páxina 11, anuncio 2005001894.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/03/2005 13:44
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/