[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Padroado de Turismo Rías Baixas

Bolsas de estudos ou becas para a realización de prácticas
en Oficinas de Turismo da provincia de Pontevedra
durante o ano 2005

Anuncio

Anuncio

Bases da convocatoria para a concesión de bolsas de estudos ou becas para a realización de prácticas en Oficinas de Turismo da provincia de Pontevedra durante o ano 2005.

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
A concesión por Turismo “Rías Baixas” de bolsas de estudos ou becas para a realización de prácticas nas Oficinas Municipais ou Mancomunadas de Turismo durante o ano 2005, con cargo á consignación de 120.000 € da partida 05/875.751.462.03, sen que esta poida excederse.

2.— BENEFICIARIOS
Unicamente poderán disfrutar das bolsas de estudos ou becas os diplomados/as ou titulados/as en Turismo ou ben estudantes de Turismo, que xustifiquen documentalmente tal condición antes da realización das bolsas.

A condición de becario/a ou bolsista non xerará ningunha relación laboral ou administrativa nin a súa inclusión na Seguridade Social.

3.— PETICIONARIOS
Serán tódolos Concellos e Mancomunidades da provincia que teñan Oficina Municipal ou Mancomunada de Turismo aberta ó público.

Excepcionalmente e a petición dos interesados, poderán ser concedidas bolsas ou becas para realizar prácticas en entidades ou corporacións sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades relacionadas co Turismo, durante o período e a contía que acorde a Xunta Rectora do Padroado.

Para ser beneficiario será necesario:

  • Non estar incurso nas causas de prohibición para recibir subvencións, previstas no artigo 13.2 da LGS.
  • Acreditar que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias co Estado e a Deputación e fronte a Seguridade Social.

4.— CONTÍA
Cada bolsa ou beca terá unha contía de 750 € ó mes, a percibir por parte da entidade peticionaria unha vez finalizado o período de prácticas. Sen embargo, o Concello ou mancomunidade deberá facer pagos mensuais o/a becario/a, por conseguinte adiantando dita cantidade.

5.— PERÍODO
As bolsas ou becas concédense para realizar prácticas nas Oficinas Municipais ou Mancomunadas de Turismo durante un período máximo de seis meses, quedando a elección do Concello ou Mancomunidade o establecemento dese período nos meses que dexese e o número de meses que pretenda contar coa beca ou bolsa. Este período debe ser especificado claramente na solicitude presentada e non terá por que ser continuo, decidindo a entidade solicitante se prefire facelo continuo ou ben discontinuo, adaptándoo ás necesidades dos eventos que teñan lugar nos Concellos. Non obstante, na solicitude das becas deberán indicarse os diferentes períodos de traballo. A Xunta Rectora do Padroado decidirá o período máximo para o que se concederá a bolsa ou beca.

6.— SOLICITUDES
Os Concellos ou Mancomunidades peticionarias solicitarano mediante o formulario que lle será facilitado no Padroado de Turismo Rías Baixas, dirixido ó seu Presidente, indicando se solicitan un ou máis becarios/as e o período no que realizarán as prácticas, sen que este poida ser superior a seis meses.

7.— PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de marzo de 2005.

8.— SELECCIÓN DE BECARIOS/AS
Unha vez comunicada polo Padroado a concesión de bolsas ou becas, os becarios/as serán seleccionados polos respectivos Concellos ou Mancomunidades, mediante probas das que poderá formar parte un técnico do Padroado de Turismo “Rías Baixas”, comunicándoselle por escrito ó Padroado o nome, titulación ou acreditación do bolseiro, profesional ou estudante de Turismo, requisito sen o cal non será aboada ningunha beca ou bolsa.

9.— FORMACIÓN
Cara unha unificación dos criterios informativos a nivel provincial, o Padroado poderá establecer algunha(s) xornada(s) de presentación ou formación na súa Sede do Palacete das Mendoza, así como criterios xerais de vestimenta, imaxe dos bolseiros, elementos comúns de soporte de materiais, enquisas de información, horarios, etc.

10.— ABOO DAS BECAS
O aboo da contía total das becas correspondentes a cada Concello ou Mancomunidade efectuarase unha vez finalizado o período de prácticas e trala remisión as Oficinas do Padroado do correspondente certificado do Secretario ou interventor do Concello ou Mancomunidade.

Na devandita certificación deberá indicarse que se realizaron as prácticas correspondentes e fixéronse os pagos mensuais os/as becarios/as, así como a conta bancaria do Concello con número completo (vinte díxitos) para realizar o ingreso, o período de prácticas realizado e nome dos/as becarios/as.

11.— OBRIGA DA ENTIDADE PETICIONARIA
A concesión de becas leva aparellada a obriga por parte da entidade peticionaria de costear outras tantas o seu exclusivo cargo, durante igual período, así como de velar polo correcto funcionamento do punto de información, dotándoo dos elementos mínimos de uso e de horario de amplo horario e datas de apertura.

12.— INFORMACIÓN
Nas oficinas do Padroado Provincial de Turismo “Rías Baixas” no Palacete das Mendoza na Pza. de Sta María s/n, teléfono 986 84 26 90 ou fax 986 86 87 50.

Pontevedra, 4 de Marzo de 2005.
O PRESIDENTE
ilexible
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 11/03/05, número 49, páxina 6, anuncio 2005002057.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/03/2005 08:31
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/