[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 21 DE XANEIRO DE 2021
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Emprego Público
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Oferta 2005
Oferta 2004
Oferta 2003
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7
EMPREGO PÚBLICO 

Deputación de Pontevedra

Unha praza de técnico de Calidade

Bases Xerais | Bases Específicas | Instancia
Lista provisional de admitidos e excluídos
Valoración do concurso | Reclamación contra o concurso
Cualificacións primeiro exercicio | Cualificacións segundo exercicio

Bases Específicas

1.— NÚMERO DE PRAZAS E CARACTERÍSTICAS
Convócase unha praza de técnico de Calidade, encadrada na escala de Admón. especial, subescala técnica, clase técnico superior e integrada no grupo A.

2.— SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese o sistema de concurso-oposición. Na fase de concurso valoraranse os méritos específicos adecuados ás características da praza conforme o baremo que se detalla na base novena.

3.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Ademais das condicións xerais sinaladas na base segunda das bases xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de Licenciado en Bioloxía, Químicas, Farmacia ou Tecnoloxía de Alimentos

4.— EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

  • PRIMEIRO EXERCICIO: De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito un tema extraído ó chou polo tribunal entre os seguintes epígrafes durante un tempo máximo de unha hora:
    1. Concepto de calidade. Obxecto e campo de aplicación. Compromisos da calidade. Compoñentes básicos da calidade. Implantación de sistemas de calidade. Certificación e acreditación.
    2. Documentos dos sistemas de calidade. Tipos de documentos. Os rexistros. Xestión da documentación.
    3. Organización e infraestructura dos laboratorios de ensaio nos sistemas de calidade. Organización e persoal. Locais e condicións ambientais.
    4. Xestión de equipos nun laboratorio de ensaio segundo a ISO 17025.
    5. Selección e validación de métodos analíticos nun laboratorio de ensaio. Parámetros de calidade. Concepto de validación. Selectividade. Sensibilidade. Límites de detección e cuantificación. Robustez.
    6. Control interno da calidade. Actividades de control. Gráficos de control. Materiais de referencia. Exercicios de intercomparación.
    7. Auditorias: tipos, planificación e realización. Documentación asociada ás auditorias. Equipo auditor.
    8. Acreditación de laboratorios: concepto e as súas implicacións. Organismos de acreditación. Proceso de acreditación. Documentos para a acreditación de laboratorios químicos.

    Posteriormente, serán convocados polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que fará o seu autor ou, en caso de imposibilidade, a persoa que se designe, ou un membro do tribunal.

  • SEGUNDO EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización dun suposto práctico relacionado cos epígrafes sinalados no apartado anterior, no tempo que marque o tribunal.

    Os exercicios terán carácter eliminatorio e cualificaranse de cero a dez; sendo necesario obter un mínimo de cinco puntos para aprobar.

5.— COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL SELECCIONADOR
O tribunal seleccionador estará integrado polos seguintes membros:

PRESIDENTED. Xosé Juan Durán Hermida, deputado da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, como titular e Dª Nidia Arévalo Gómez, deputada da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, como suplente.
SECRETARIODª Mª Jesús Torres Peón, xefa do servizo de Recursos Humanos e Formación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, como titular e D. Manuel Corujo Castro, técnico adxunto ó servizo de Recursos Humanos e Formación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, como suplente.
VOCAISDª Teresa Pedrosa Fernández, vicepresidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, como titular, e D. Jesús Vázquez Almuiña, deputado provincial da Excma Deputación Provincial de Pontevedra, como suplente.
D. Carlos Bengoechea Peré, enxeñeiro xefe do Servizo Agrario da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, como titular e D. Pedro Mansilla Vázquez, xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Arriero, como suplente.
Dª María Hermida Ferro, xefa de Laboratorio da Finca Mouriscade dependente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, como titular, e Dª Concepción López Paz, xefa da Unidade de Medioambiente da Excma Deputación Provincial, como suplente.
Dª Mª Josefa Lema Gesto, bióloga adscrita á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, como titular e Dª Mª Cristina Pintos Varela, bióloga adscrita á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, como suplente.
D. Telmo Cao Méndez, designado en representación da Xunta de Persoal, como titular, e D. Enrique Pazos Abad, designado en representación da Xunta de Persoal, como suplente.

6.— DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS
O tribunal seleccionador constituirase o día 13 de abril ás 10.30 horas no pazo provincial para determinar o contido do primeiro exercicio, que terá lugar o día 20 de abril, ás 10.00 horas, na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, a onde deberán concorrer os aspirantes provistos do DNI e de bolígrafo.

Pontevedra, 8 de marzo de 2005
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO ACCIDENTAL
Carlos Cuadrado Romay

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/04/2005 12:25
Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/