[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 23 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Subvencións a entidades e clubs deportivos
para o apoio o deporte de competición federado

Anuncio | Solcitude | Certificado Federativo

Anuncio

A Xunta de Goberno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria, do día 23 de marzo de 2005, aprobou , entre outros o seguinte acordo:

BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS
PARA O APOIO O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO

Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuída esta Deputación Provincial, consciente da importancia de fomenta-lo deporte en tódalas súas facetas e coñecedora das carencias que teñen aqueles que desexan realiza-la súa práctica, establece axudas para paliar ese déficit que se rexerán polas seguintes:

1.— FINALIDADE E OBXECTO
Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, márcase como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas de implantación na provincia de Pontevedra, conforme o disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local, e demais normativa de aplicación.

Estas axudas financiaranse con cargo a partida 05/451.452.489.20 do orzamento da Deputación para 2005, cunha dotación de UN MILLÓN CINCOCENTOS MIL (1.500.000) euros.

2.— SOLICITANTES
Poderán optar a estas axudas as entidades e clubs deportivos que cumpran os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro
  • Estar ó día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social
  • A modalidade practicada polos clubs federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra
  • Estar inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte

3.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que facilitarán no Rexistro xeral, na Sección de Deportes ou na páxina Web da Deputación: www.depontevedra.es

Achegarase tamén a seguinte documentación:

  • Fotocopia da tarxeta do CIF.
  • Fotocopia da tarxeta do NIF do representante.
  • Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade.
  • Orzamento estimativo de gastos.
  • Certificado de estar ó corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Declaración orixinal do representante de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da Administración pública e de aceptar as bases da convocatoria, segundo modelo aprobado.
  • Certificado de estar inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte.
  • Certificación, segundo modelo aprobado pola deputación, da federación galega correspondente na que se especifique:
    • Participación do equipo en competición na temporada 2004-2005
    • Número de equipos participantes, por categoría do equipo, nivel da competición e sexo.
    • Número de licenzas por categoría e sexo que participan en competición na temporada 2004/2005. Se é o caso, certificación de ter un equipo sénior competindo en categoría nacional.

4.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación e na forma prevista no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 15 de xuño de 2005.

5.— VALORACIÓN DAS SOLICITUDES
A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias:

  • Nivel da competición dos equipos, número de deportistas con licenza actual, participantes e número de equipos participantes na actual temporada: ata 50 puntos. Adecuación das actividades que se van realizar ó interese provincial: ata 50 puntos.

As propostas da concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión de Xuventude e Deportes e aprobación do órgano de goberno competente.

Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte do remate do prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

A resolución da concesión deberáselles notificar expresamente a tódolos solicitantes de forma fidedigna.

Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan.

6.— PAGAMENTO
Para cobraren a axuda as entidades deportivas deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través da Intervención.

O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta sinalada pola entidade.

O beneficiario da subvención de acordo có establecido na base 24ª -7º b), de execución de orzamento 2005, a efectos de xustificación deberá remitir certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade ou club.

7.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2005 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.



Boletín Oficial da Provincia, data 05/04/2005, número 64, páxina 10, anuncio 2005002709.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 05/04/2005 10:32
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/