[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 22 DE XANEIRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
 

[Prema (click) para ampliar a imaxe]
[Prema (click) para ampliar a imaxe]

Concello de Pontevedra

Escudo

De azur (azul) e sobre ondas de azur e prata (branco), unha ponte alombada de tres ollos, sumado á destra dunha porta defendida por dúas torres almeadas, á sinistra dunha muralla almeada, movinte do flanco e adestrada de torre-porta, tamén almeada, e no centro dunha cruz latina e piñonada, o todo de ouro (amarelo) e aclarado de gules (vermello). Ó timbre, coroa real.

Decreto 420/2001, do 29 de novembro aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.



Bandeira

A bandeira oficial consta de dúas cores, azul e branca en forma de sotuer. O branco ós laterais e o azul enriba e abaixo.

Non se coñece expediente de aprobación.


Non adaptado ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/02/2006 15:01
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/