[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 25 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Bases para axudas de arranxo de vivenda con destino a familias con problemática socio-económica ano 2005

Anuncio

Anuncio

A Deputación de Pontevedra preocupada polos graves problemas sociais que se dan na nosa sociedade, entre os que se encontra o da vivenda, quere contribuir un ano mais á resolución dos mesmos, convocando con este fin axudas para o acondicionamento de vivendas, con destino a familias con problemática socio-económica mediante colaboración cos Concellos da Provincia que permita apoiar ás familias afectadas por este problema, tendo en conta as seguintes:

BASES DA CONVOCATORIA

1.— FINANZAMENTO
A cantidade consignada para este fin na Partida 05/313-313-780.01 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 270.000 euros.

2.— DESTINATARIOS
Poderán solicitar estas axudas, os Concellos da Provincia que acorden asumi-las Bases, como beneficiarios e entidades colaboradoras. Para os Concellos que teñan menos de 20.000 habitantes, destinaranse inicialmente 213.030 euros e para os que teñan 20.000 en diante 56.970 euros. No suposto de existir sobrantes poderá ser destinado ós Concellos que o soliciten con independencia do seu número de habitantes.

3.— REQUISITOS

  1. DOS CONCELLOS
    Os Concellos participantes da presente convocatoria de axudas para arranxo de vivienda con destino a familias con problemática socio-económica, deberán aportar unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a achega inicial máxima da Deputación, según os seguintes criterios:

    Concellos/Nº HabitantesAchega inicial máxima
    da Deputación
    Achega Concello
    De menos de 5.0003.839,17 €30 % = 1.151.,75 €
    De 5.001 a 10.0004.016,33 €40 % = 1.606.53 €
    De 10.001 a 20.0004.298,95 €50 % = 2.149,48 €
    De 20.001 a 50.0006.103,93 €70 % = 4.272,75 €
    De máis de 50.0007.121,25 €100 %= 7.121,25 €

    As solicitudes resolveránse a partir da achega inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de non esgotarse o Presuposto total da Convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha mayor achega (sempre será a porcentaje establecida anteriormente sobre a achega que faga a Deputación) e así o fixeran constar no Acordo remitido á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha mayor puntuación .
     

  2. DOS BENEFICIARIOS DAS AXUDAS
    Poderán ser beneficiarios das axudas, e destinatarios das mesmas , aquelas familias, que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia adheridos a estas bases, e que reúnan os seguintes requisitos:
    1. Que a vivenda para a que se solicita a axuda (primeira vivenda) sexa propiedade do solicitante e do seu conxuxe ou parella, dos pais dos mesmos, cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufructo a favor dos solicitantes.
    2. Que a vivenda no reúna condicións de habitabilidade por falta ou deterioro da instalación eléctrica, auga , servicios higiénicos, fosa séptica, malas condicións da cuberta ou necesidade doutras reformas interiores.
    3. Adaptación da vivenda para uso de persoas dependentes.
    4. Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo que se acorde establece-la como complementaria.
    5. Que os seus ingresos se axusten ó baremo recollido nestas Bases. (apartado 3)

     
  3. DOS INGRESOS DA UNIDADE FAMILIAR
    Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo tendo en conta os seus ingresos por tódolos conceptos, durante o ano 2004, descontando gastos derivados de emfermidade crónica, discapacidades que xeneren gastos extraordinarios e gastos derivados de situacións de emerxencia. Si superan este baremo non terá dereito a axuda.

    Nº de miembros
    da familia
    Ingres. netos anuais(Ingr. Netos medios mensuais)
    1 membroata 6.871,20(572,60 euros/mes)
    2 membrosata 8.023,20(668,60 euros/mes)
    3 membrosata 9.175,20(764,60 euros/mes)
    4 membrosata 10.327,20(860,60 euros/mes)
    5 membrosata 11.479,20(956,60 euros/mes)
    6 membrosata12.631,20(1.052,60 euros/mes)
    7 membrosata 13.783,20(1.148,60 euros/mes)
    8 membrosata 14.935,20(1.244,60 euros/mes)
    9 membrosata 16.087,20(1.340,60 euros/mes)

    Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección dos fillos solteiros do solicitante menores de vinteseis anos que convivesen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria.

    Considerase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluida a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio.

    A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestación, rendas, rendementos por actividades profesionais.
     

  4. VALORACIÓNS DAS SOLICITUDES
    A tenor do previsto no Artígo 17.3.e da Ley 38/03 Xeral de Subvencións, respecto os criterios de otorgamento das axudas e ponderación das mesmas e tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, as situacións que se valorarán serán as seguintes: número de membros que compoñen a unidade familiar e características dos mesmos, ingresos da unidade familiar, ingresos da unidade de convivencia, características da vivenda e problemática social, puntuándose estes datos segundo baremo establecido que se fará chegar os Traballadores Sociais de Atención Primaria.

    No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación con independencia do Concello ó que pertenzan.

4.— TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS

  1. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concurrencia competitiva, correspondéndolle a instrucción do procedemento ó Servicio de Acción Social e a adjudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  2. Na tramitación de expedientes, deberán acreditarse polos beneficiarios das axudas o cumprimento dos requisitos previstos no Artígo 14 da Ley 38/03 Xeral de Subvencións
  3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria..
  4. Os Concellos interesados en participar nesta Convocatoria terán que remitir á Deputación ata o 15 de Xuño inclusive, os seguintes documentos:
    1. Certificado do Acordo do Pleno, Xunta de Goberno ou Decreto da Alcaldía facendo constar expresamente:
      1. A aceptación das presentes Bases, especificando ademais a cantidade que está disposta a aportar (a sinalada na Base 3ª apartado A, ou por encima dela, concretando neste caso a mesma), cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no mesmo apartado, sobre a da Deputación.
      2. Proposta da resolución de axudas, por orden de puntuación e que poidan ser asumidas polo Concello, especificando os conceptos e as contías totais aprobadas (axuda da Deputación e a do Concello).
    2. Proxecto económico segundo Anexo 1.
    3. Fotocopia da solicitude.
    4. Informe Social Individual, anexo 3, emitido pola Traballadora Social de Atención Primaria, no que se faga constar con amplitude no apartado da Proposta os motivos que xustifican a concesión da axuda.
    5. Presuposto das obras.
  5. As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente Convocatoria, no prazo sinalado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumplimenta-lo expediente.
  6. As propostas dos Concellos serán resoltas pola Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.

5.— PUBLICIDADE
En toda a publicidade que elabore o Concello sobre a presente convocatoria deberá facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social.

6.— PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN
Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos, estes xustificarán a obra nun prazo máximo de tres meses dende a súa finalización e como máximo ata o 15 de decembro, nos términos do Artigo 30 da Ley 38/03 Xeral de Subvencións o cumprimento das condicións impartidas e a consecución dos obxetivos previstos no obxeto da concesión da subvención, cos seguintes documentos:

  1. Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas e demais documentos de valor probatorio con equivalente validez, no tráfico xurídico mercantil, detallando material, prezo unitario, traballos por administración (man de obra).
  2. Informe do Técnico municipal correspondente, do remate das obras
  3. Declaración de percibir ou non outras axudas para o mesmo fin.

Con carácter excepcional e por resolución motivada, poderá autorizarse un anticipo ata o 50% nos casos que teñan que efectuarse pagos inmediatos sempre que se establezca a garantía de constituirse a favor da Deputación Provincial de Pontevedra sobre os fondos adiantados.

O pagamento efectuarase por transferencia ó Concello.

7.— REINTEGRO
No caso de imcumprir as presentes bases, ó beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión.

8.— INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Ley 38/2003 de 17 de Novembro Xeral de Subvencións.

9.— CONTROL
Os beneficiarios someteranse as actuacións de control financiero que efectúe a Deputación Provincial.

Pontevedra, 6 de abril de 2005.
A XEFA DO SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 15/04/2005, número 72, páxina 8, anuncio 2005003144.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/04/2005 22:01
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/