[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 27 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Bases das axudas para a adquisición de libros de texto,
curso 2005-2006, con destino a familias con
problemática social e económica

Anuncio | Anexo 1 | Anexo 2 | Anexo 3 | Anexo 4

Anuncio

A Deputación de Pontevedra con obxecto de apoiar ás familias que se atopan nunha situación carencial a nivel social e económico, convoca axudas para a adquisición de Libros de Texto, curso 2005-2006, colaborando cos Concellos da Provincia, con suxeción ás seguintes

C L Á U S U L A S

1.— DESTINATARIOS
As familias con problemática social e económica dos Concellos da Provincia que acorden acepta-las Cláusulas da presente Convocatoria

2.— MARCO LEXISLATIVO
Artigos 21 e 36 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local. Artigos 21 e 22 da Lei 4/1993 de Servizos Sociais de Galicia. Lei 38/03 Xeral de Subvencións

3.— FINANCIAMENTO
A cantidade consignada para este fin na Partida 05/313-313-462.05 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial ascende a 126.100,00 euros.

4.— REQUISITOS

  1. DOS CONCELLOS
    Os Concellos aceptantes das presentes bases e promotores das solicitudes das familias coas indicadas características deberán participar cunha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a achega inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios:

    Concellos/Nº
    Habitantes
    Achega máxima
    inicial Deputación
    Achega Concello
    % (Euros)
    Contía total
    (Dep. + Conc.)
    De menos de 5.0001.782,91 €30%= 534.87 €2.317.77 €
    De 5.001 a 10.0001.965.97 €40%= 786.39 €2.752.37 €
    De 10.001 a 20.0002.150.71 €50%= 1.075.36 €3.226.72 €
    De 20.001 a 50.0003.334.85 €70%= 2.334.40 €5.669.26 €

    Resolveranse as solicitudes tendo en conta a achega inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de que non se esgotase o Orzamento total da Convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior achega (sempre segundo a porcentaxe establecida anteriormente, en función do número de habitantes do Concello, sobre a achega que faga a Deputación) e así o fixeran constar no acordo correspondente, seleccionándose entre tódolos Concellos participantes aquelas solicitudes que presentaran unha maior puntuación segundo baremo anexo2. A contía das axudas que aproben os Concellos será a suma de ámbalas dúas achegas.
     

  2. DOS BENEFICIARIOS
    Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas familias que:
    1. Estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos concellos da Provincia,
    2. Presenten unha problemática social que terá que ser recollida no apartado 7 do Anexo 3 (Avaliación da problemática Social),
    3. Teñan fillos en centros públicos, e que realicen algún dos seguintes estudios:
      - Educación Infantil: Nivel A
      - Ensinanza Primaria: Nivel B
      - E.S.O.: Nivel C

    Non poderán acceder a estas axudas aqueles rapaces que cursen 6º de Educación Primaria, 2º da E.S.O. ou aqueles cursos nos que se implante o acceso ós libros gratuitamente a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no curso 2005/06
     

  3. DOS INGRESOS DA UNIDADE FAMILIAR
    Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo tendo en conta os ingresos da unidade familiar no ano 2004 seguindo as indicacións do Anexo 2, apartado I/- Punto 2, para súa avaliación ou desestimación.

    Nº de miembros
    da familia
    Ingres. netos anuais(Ingr. Netos medios mensuais)
    2 membrosata 9.234,00(769,50 euros/mes)
    3 membrosata 10.674,00(889,50 euros/mes)
    4 membrosata 12.114,00(1.009,50 euros/mes)
    5 membrosata 13.554,00(1.129,50 euros/mes)
    6 membrosata 14.994,00(1.249,50 euros/mes)
    7 membrosata 16.434,00(1.369,50 euros/mes)
    8 membrosata 17.874,00(1.489,50 euros/mes)
    9 membrosata 19.314,00(1.609,50 euros/mes)

    Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor e os fillos solteiros do solicitante menores de vinteseis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente Convocatoria; e por ingresos netos da mesma os globais da unidade familiar descontando o aluguer da vivenda ou amortización da mesma, ata un máximo de 300,00 euros mensuais e os gastos fixos de calquera membro da mesma en razón de enfermidade ou problemática social con repercusións económicas que se deberán de xustificar e que serán estudiadas en cada caso concreto.

    A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestacións, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras.
     

  4. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES
    Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, (non se atenderán aquelas solicitudes que só presenten problemática económica) valorándose os seguintes aspectos: ingresos da unidade familiar, ingresos da unidade de convivencia, número de fillos en idade escolar e a problemática social, puntuándose cada unha delas segundo baremo que figura no anexo 2.

    Considérase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluída a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio.

5.— CONTÍA DAS AXUDAS
En función do nivel de estudios a contía das axudas será a seguinte:

  1. Nivel A: Educación Infantil 52 Euros
  2. Nivel B: Ensinanza Primaria 90 Euros
  3. Nivel C: E.S.O. 150 Euros

6.— TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS

  1. Os Concellos con familias interesadas en participar nesta Convocatoria remitirán á Deputación ata o 15 de xuño inclusive, os seguintes documentos:
    1. Certificación do Acordo do Pleno, Comisión de Goberno ou Decreto da Alcaldía, no que se faga constar expresamente:
      1. A aceptación dás presentes Bases, especificando ademais, a cantidade que está disposto a aportar (a sinalada na Base 3ª, apartado A ou por encima dela concretando a mesma) cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no mesmo sobre a que aporte a Deputación.
      2. Proposta de resolución de axudas.
      3. Compromiso de exposición pública da proposta do Concello. Ó mesmo tempo do envío da certificación do Acordo á Deputación, o Concello procederá a:
        1. A expoñer publicamente as axudas concedidas na que se recollerán os seguintes datos: Nome do solicitante, D.N.I., nome dos nenos ós que se lle aproba a axuda, estudios que realizan e puntuación global obtida.
        2. A abrir un prazo de 10 días para reclamacións, e no caso de que houbera algunha, deberá ser remitida á Deputación para o seu estudio e resolución. De aceptarse, o Concello afectado deberá facer fronte ó pagamento da mesma.
    2. Proxecto segundo anexo 1
      A Certificación do Acordo remitida polo Concello á Deputación deberá ir a acompañada exclusivamente dos seguintes documentos:
      1. Fotocopia da solicitude
      2. Estadillo completo das solicitudes, segundo modelo anexo 4, na que deberán quedar reflexadas por orde de prioridade en canto á puntuación obtida.
      3. Informe Social individual (anexo 3) emitido pola Traballadora Social dos Servicios Sociais de Atención Primaria, no que faga constar con amplitude no apartado da Proposta, os motivos que xustifican a concesión da axuda.
      4. Recibos relativos ó aluguer da vivenda ou de pago de créditos hipotecarios, ou no seu caso os gastos fixos derivados de enfermidade ou problemática social dalgún membro da familia con repercusión económica que se deberán xustificar e que serán estudiados en cada caso.
  2. As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes no prazo fixado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente.
  3. As propostas dos Concellos serán resoltas pola Xunta de Goberno previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, no podendo ampliarse dito prazo ó tenor do Artigo 42.2 da Lei 30/92 e Artigo 25.4 da Lei 38/2003. Contra a Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse Recurso de Reposición no prazo dun mes ante a Xunta de Goberno, ou Contencioso Administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado correspondente de Pontevedra, segundo dispón os artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 de 6 de xaneiro de modificación da Lei 30/92 de 26 de novembro e artigo 46 da Lei 29/98 de 23 de xullo do Contencioso Administrativo. Transcorrido o prazo citado sen notificarse a resolución da solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo.

7.— PUBLICIDADE
En toda a publicidade que elabore o Concello sobre a presente convocatoria deberá facer consta-la colaboración da Deputación, Area de Acción Social.

8.— PAGAMENTO
Resoltas as propostas dos Concellos pola Deputación, os Secretarios dos mesmos deberán certificar, como data máxima ata o 15 de decembro, o importe global destinado ás axudas (participación do Concello e da Deputación), que estas lle foron concedidas ós escolares nas condicións aprobadas pola Deputación e que todos os rapaces teñen adquirido o material escolar.

O pagamento da axuda ós Concellos, por transferencia bancaria, farase segundo a axuda aprobada pola Deputación pero en función da contía xustificada.

Contra esta Resolución que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse Recurso de Reposición no prazo dun mes ante a Xunta de Goberno ou Contencioso Administrativo no prazo de dous meses no Xulgado de Pontevedra segundo dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/92 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo e o artigo 46 da Lei 29/88 de 23 de xullo do Contencioso Administrativo.

9.— REINTEGRO
No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases da presente Convocatoria, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión. Os catro Anexos ós que se fai referencia nestas Bases remitiranse ós Servicios Sociais de Atención Primaria de tódolos Concellos.

10.— DEREITO SUPLETORIO
En todo o que non prevean as presentes bases, estarase ó disposto na Lei 38/03 Xeral de Subvencións.

Pontevedra, 6 de abril de 2005.
A XEFA DO SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 15/04/2005, número 72, páxina 10, anuncio 2005003144.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/04/2005 07:30
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/