[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 17 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Cursos
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 [2] 3 4
CURSOS 

Deputación de Pontevedra
Proxecto Cidade+ (Interreg III-A)

SELECCIÓN ALUMNOS/AS CURSO CAMAREIRA LIMPADORA
DE PISOS, AXUDANTE DE LAVANDERÍA

Anuncio | Bases
Solicitude | Modelo Curriculum
Selección de alunos | Lista de admitidos

Bases

Bases reguladoras da acción formativa camareiro/a limpador/a de pisos - axudante de lavandería do Proxecto Cidade + (Interreg III-A)

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases regulan o procedemento selectivo para cubrir 15 prazas no Curso de Camareira limpadora de pisos - axudante de lavandería, que forma parte das accións formativas do Proxecto Cidade+.

Este curso ten unha duración de 265 horas ( 185 horas teórico-prácticas e 80 horas de prácticas en empresas). La formación teórica se realizará en el IES Carlos Oroza en horario de 15:30 a 20:30. A acción formativa levarase a cabo entre os meses de Maio-Xuño-Xullo de 2005, con data posible de comezo o 6 de Maio.

2. CONTIDO DO CURSO

  • Introducción á hostalería e ó turismo – 3 horas
  • Seguridade e hixiene no traballo - 3 horas
  • Inglés para hostalería – 10 horas
  • Francés para hostalería – 10 horas
  • Limpeza de área de pisos e zonas comúns – 25 horas
  • Lavado, prancha e dobrado de roupa de hotel e restaurante - 50 horas
  • Lavado, prancha e dobrado de roupa de clientes e persoal - 35 horas
  • Cosido de prendas sinxelas a mano e a máquina – 29 horas
  • Decoración básica de hotel e interiores – 20 horas
  • Practicas en empresas - 80 horas

3. BECAS POR DESPRAZAMENTO
Os beneficiarios da acción formativa terán dereito a unha beca por desprazamento, entendendo este concepto como a distancia que exista entre o domicilio dos usuarios ó lugar de impartición do curso.

Abonarase mensualmente unha contía máxima de 360 € ou 240 € (sexa a distancia superior ou inferior a 12 km.), e descontarase a razón de 18 € o 12 € por día que o alumno non asista ó curso.

4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. REQUISITOS MÍNIMOS:
    • Ter cumpridos 18 anos de idade
    • Persoas emigrantes retornadas e os seus descendentes, que acrediten que non trancurriron máis de cinco anos do seu retorno.
    • Inmigrantes que se atopen en situación regular.
    • Nivel académico: formación básica en lecto-escritura. (certificado de escolaridade ou equivalente no país de orixe)
    • Nivel profesional: non se precisan coñecementos específicos.
    • Condicións: aquelas que non impidan o desenvolvemento da profesión.

     
  2. REQUISITOS DE VALORACIÓN COMPLEMENTARIA
    • Antigüidade no INEM.
    • Experiencia profesional acreditada no sector.
    • Formación relacionada.
    • Para inmigrantes: posuír autorización de residencia e traballo.

5. SOLICITUDES
As solicitudes para o curso presentaranse ou ben no Rexistro Xeral da Deputación ( en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado), ou nas instalacións do proxecto Cidade + na Cidade Infantil Príncipe Felipe ( en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres). Prazo máximo de recollida de solicitudes dez días naturais dende a publicación das bases.

6. DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • Currículo segundo modelo facilitado en Rexistro da Deputación, en Cidade + ou ben na páxina web.
  • DNI ou NIE.
  • Para emigrante retornado: documento acreditativo da condición de retornado.
  • Para familiar de retornado: documento que acredite o parentesco co retornado.
  • Para inmigrante: Autorización de residencia ou autorización de residencia e traballo.
  • Tarxeta do INEM
  • Vida laboral.
  • Certificado de ingresos: prestacións INEM, Xunta ou nómina.
  • Certificado de antigüidade no INEM.

7. COMISIÓN DE SELECCIÓN
A Comisión de selección dos beneficiarios desta acción formativa do Proxecto Cidade + (Interreg III-A) estará integrada polos seguintes membros:

  • O Presidente da corporación ou en quen delegue.
  • O secretario da corporación ou en quen delegue.
  • Vocais:
    1. Deputada provincial de acción social ou en quen delegue.
    2. A xerente de Cidade+
    3. As dúas técnicas responsables do Departamento de orientación laboral do proxecto Cidade+.

8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O proceso selectivo constará de dúas fases: valoración de currículo e entrevista persoal, establecéndose como puntuación máxima 5 puntos en cada fase.

  • VALORACIÓN DO CURRÍCULO
    O currículo será valorado atendendo os seguintes criterios de baremación.

    REQUISITOBAREMO
    criteriopuntos
    Experiencia profesional no sectorMais de 12 meses2
    De 6 a 12 meses1
    Menos de 6 meses0.5
    Tempo en desempregoMáis de 12 meses1
    De 6 a 120.5
    Recursos económicosSi non ten ingresos0.5
    Formación relacionadapor curso0.25
    Máximo1.5

  • ENTREVISTA PERSOAL
    A puntuación máxima da entrevista será de 5 puntos, que se sumarán, á puntuación obtida na fase de baremación de currículo.
    As entrevistas realizaranse tres días hábiles despois de rematado o prazo de entrega de solicitudes, prolongándose por espacio de dous días en horario de 9:00h. a 13:00h., no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra.
    A selección de usuarios/as para a entrevista realizarase por rigoroso orden alfabético de apelido, o primeiro día do A-L, e o segundo día do M-Z.

9. PROPOSTA DE SELECCIÓN
Ó día seguinte da realización das entrevista publicarase na páxina web e no taboleiro da Deputación a lista de admitidos para o curso. Así mesmo tamén se publicará unha lista de reserva, para que en caso de baixas, poidan incorporarse novos/as alumnos/as.

10. RÉXIME XURÍDICO
A comisión de valoración queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas bases.

Pontevedra, 13 de Abril de 2005


Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/05/2005 08:47
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/