[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 13 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Cursos
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 [2] 3
CURSOS 

Deputación de Pontevedra
Proxecto Cidade+ (Interreg III-A)

Selección alumnos/as
Dous cursos azafatas de caixas

Anuncio | Bases
Solicitude | Modelo Curriculum
Lista de admitidos

Bases

Bases reguladoras das accións formativas de azafatas de caixas do Proxecto Cidade+ (Interreg III-A)

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases regulan o procedemento selectivo para cubrir 30 prazas ( 15 prazas por curso) en dous cursos de Azafatas de caixas, que forman parte das accións formativas do Proxecto Cidade +.
Estes cursos teñen unha duración de 100 horas cada un. A formación realizarase en Alcampo-Vigo ( Avda de Madrid s/n CP 36214) en horario de mañana e tarde. A acción formativa levarase a cabo entre os meses de Maio-Xuño de 2005, con data posible de comezo o 18 de Maio. Os cursos acollense ó Convenio Marco e existe un compromiso de contratación por parte de Alcampo do 50%.

2. CONTIDO DOS CURSOS

  • MODULO 1: O HIPERMERCADO
  • MODULO 2: POLÍTICA COMERCIAL
  • MODULO 3: O CIRCUITO DO PRODUCTO. DEMARCA.
  • MODULO 4: O CLIENTE
  • MODULO 5: A CAIXEIRA
  • MODULO 6: ERGONOMIA
  • MODULO 7: O POSTO DA CAIXEIRA
  • MODULO 8: A ACOLLIDA DO CLIENTE

3. BECAS POR DESPRAZAMENTO
Os beneficiarios da acción formativa terán dereito a unha beca por desprazamento, entendendo este concepto como a distancia que exista entre o domicilio dos usuarios ó lugar de impartición do curso.
Abonarase mensualmente unha contía máxima de 360 € ou 240 € (sexa a distancia superior ou inferior a 12 km.), e descontarase a razón de 18 € o 12 € por día que o alumno non asista ó curso.

4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. REQUISITOS MÍNIMOS
    • Idade entre 18 e 35 anos.
    • Persoas emigrantes retornadas e os seus descendentes, que acrediten que non trancurriron máis de cinco anos do seu retorno.
    • Inmigrantes con permiso para residir e traballar en España.
    • Nivel de estudios mínimo: graduado escolar ou equivalente.

     
  2. REQUISITOS DE VALORACIÓN COMPLEMENTARIA:
    • Antigüidade no INEM.
    • Experiencia profesional acreditada no sector.
    • Formación relacionada.
    • Preferentemente residencia en Vigo ou arredores.
    • Disponibilidad para desprazarse.
    • Titulo de graduado escolar homologado.

5. SOLICITUDES
As solicitudes para o curso presentaranse ou ben no Rexistro Xeral da Deputación ( en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado), ou nas instalacións do proxecto Cidade + na Cidade Infantil Príncipe Felipe ( en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres). Prazo máximo de recollida de solicitudes sete días naturais dende a publicación das bases.

6. DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • Currículo segundo modelo facilitado en Rexistro da Deputación, en Cidade+ ou ben na páxina web.
  • DNI ou NIE.
  • Para emigrante retornado: documento acreditativo da condición de retornado.
  • Para familiar de retornado: documento que acredite o parentesco co retornado.
  • Para inmigrante: Autorización de residencia e traballo.
  • Tarxeta do INEM
  • Vida laboral.
  • Certificado de ingresos: prestacións INEM, Xunta ou nómina.

7. COMISIÓN DE SELECCIÓN
A Comisión de selección dos beneficiarios desta acción formativa do Proxecto Cidade+ (Interreg III-A) estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: A deputada delegada del Servicio de Acción Social, promoción de emprego e muller ou en quen delegue.
  • O secretario da corporación ou en quen delegue.
  • Vocais:
    1. A xerente de Cidade+ ou en quen delegue.
    2. Unha das técnicas responsables do Departamento de orientación laboral do proxecto Cidade+.
    3. O reponsable de Recursos Humanos de Alcampo S.A. ou en quen delegue.
    4. Coordinadora de cajas ou en quen delegue.

8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O proceso selectivo constará de tres fases: valoración de currículo, entrevistas de preselección e entrevistas finais con responsables da empresa.

  • VALORACIÓN DO CURRÍCULO
    O currículo será valorado atendendo os seguintes criterios de baremación e a puntuación máxima será de 5 puntos.

    REQUISITOBAREMO
    criteriopuntos
    Experiencia profesional no sectorMais de 12 meses2
    De 6 a 12 meses1
    Menos de 6 meses0.5
    Tempo en desempregoMáis de 12 meses1
    De 6 a 120.5
    Recursos económicosSi non ten ingresos0.5
    Formación relacionadapor curso0.25
    Máximo1.5

     
  • ENTREVISTAS DE PRESELECCIÓN
    Tres días habiles despois de rematado o prazo de entrega de solicitudes, levarase a cabo unha primeira entrevista de preselección, na que a puntuación máxima da entrevista será de 5 puntos, que se sumarán, á puntuación obtida na fase de baremación de currículo.
    Estas entrevistas prolongaranse por espacio de dous días en Vigo ( lugar por determinar), realizándose por rigoroso orden alfabético de apelido, o primeiro día do A-L e o segundo día do M-Z.en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    Unha vez rematado estas duas fases de selección publicarase as puntuacións obtidas no taboleiro da Deputación Provincial e na súa páxina web. Os 60 con maior puntuación pasarán a última entrevista na que participarán os responsables de Alcampo.
     
  • ENTREVISTAS FINAIS
    Tras a valoración do Curriculo e das entrevistas de preselección emanarán 60 candidatos para a fase de entrevista final.
    Estas entrevistas realizaranse por espacio de tres días en Alcampo ( Avda. de Madrid, s/n Vigo), entrevistándose 20 persoas por día e por riguroso orden alfabético.

9. PROPOSTA DE SELECCIÓN
Ó día hábil seguinte da realización das entrevistas publicarase na páxina web e no taboleiro da Deputación a lista de admitidos para o curso. Así mesmo tamén se publicará unha lista de reserva, para que en caso de baixas, poidan incorporarse novos/as alumnos/as.

10. RÉXIME XURÍDICO
A comisión de valoración queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas bases.

Pontevedra, 26 de abril de 2005
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/05/2005 08:53
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/