[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 17 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Cursos
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 [2]
CURSOS 

Deputación de Pontevedra
Proxecto Cidade+ (Interreg III-A)

Selección alumnos/as curso camareiro/a
cafetería-bar (Vigo-Baiona)

Anuncio | Bases
Solicitude | Modelo Curriculum

Bases

Bases reguladoras da acción formativa camareiro/a de cafetería-bar do Proxecto Cidade+ (Interreg III-a) (Vigo-Baiona)

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases regulan o procedemento selectivo para cubrir 15 prazas no Curso de Camareiro/a de Cafetería-bar, que forma parte das accións formativas do Proxecto Cidade +.
Este curso ten unha duración de 210 horas (135 horas teórico-prácticas e 75 horas de prácticas en empresas). A formación teórica realizarase en Vigo e a práctica en Baiona. A acción formativa levarase a cabo entre os meses de Maio-Xuño de 2005, con data posible de comezo o 12 de Maio.

2. CONTIDO DO CURSO

  • Introducción á hostalería e ó turismo
  • Técnicas de cociña
  • Técnicas de conservación de productos
  • Coñecemento de productos (peixes, carnes, ovos, hortalizas,...)
  • Coñecemento de productos (pastas, masas, legumes e mariscos)
  • Seguridade e hixiene no traballo
  • Francés para hostalería
  • Practicas en empresas

3. BECAS POR DESPRAZAMENTO
Os beneficiarios da acción formativa terán dereito a unha beca por desprazamento, entendendo este concepto como a distancia que exista entre o domicilio dos usuarios ó lugar de impartición do curso.
Abonarase mensualmente unha contía máxima de 360 € ou 240 € (sexa a distancia superior ou inferior a 12 km.), e descontarase a razón de 18 € o 12 € por día que o alumno non asista ó curso.

4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. REQUISITOS MÍNIMOS
    • Ter cumpridos 18 anos de idade
    • Persoas emigrantes retornadas e os seus descendentes, que acrediten que non trancurriron máis de cinco anos do seu retorno.
    • Inmigrantes que se atopen en situación regular.
    • Nivel académico: formación básica en lecto-escritura. (certificado de escolaridade ou equivalente no país de orixe)
    • Nivel profesional: non se precisan coñecementos específicos.
    • Condicións: aquelas que non impidan o desenvolvemento da profesión.

     
  2. REQUISITOS DE VALORACIÓN COMPLEMENTARIA
    • Antigüidade no INEM.
    • Experiencia profesional acreditada no sector.
    • Formación relacionada.
    • Para inmigrantes: posuír autorización de residencia e traballo.

5. SOLICITUDES
As solicitudes para o curso presentaranse ou ben no Rexistro Xeral da Deputación (en horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado), ou nas instalacións do proxecto Cidade + na Cidade Infantil Príncipe Felipe (en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres). Prazo máximo de recollida de solicitudes sete días habiles dende a publicación das bases.

6. DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • Currículo segundo modelo facilitado en Rexistro da Deputación, en Cidade + ou ben na páxina web.
  • DNI ou NIE.
  • Para emigrante retornado: documento acreditativo da condición de retornado.
  • Para familiar de retornado: documento que acredite o parentesco co retornado.
  • Para inmigrante: Autorización de residencia ou autorización de residencia e traballo.
  • Tarxeta do INEM
  • Vida laboral.
  • Certificado de ingresos: prestacións INEM, Xunta ou nómina.
  • Certificado de antigüidade no INEM.

7. COMISIÓN DE SELECCIÓN
A Comisión de selección dos beneficiarios desta acción formativa do Proxecto Cidade + (Interreg III-A) estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente Deputada provincial de acción social ou en quen delegue.
  • O secretario da corporación ou en quen delegue.
  • Vocais:
    1. A xerente de Cidade+ ou en quen delegue.
    2. Unha das técnicas responsables do Departamento de orientación laboral do proxecto Cidade+.

8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O proceso selectivo constará de dúas fases: valoración de currículo e entrevista persoal, establecéndose como puntuación máxima 5 puntos en cada fase.

  • VALORACIÓN DO CURRÍCULO
    O currículo será valorado atendendo os seguintes criterios de baremación.

    REQUISITOBAREMO
    criteriopuntos
    Experiencia profesional no sectorMais de 12 meses2
    De 6 a 12 meses1
    Menos de 6 meses0.5
    Tempo en desempregoMáis de 12 meses1
    De 6 a 120.5
    Recursos económicosSi non ten ingresos0.5
    Formación relacionadapor curso0.25
    Máximo1.5

     
  • ENTREVISTA PERSOAL
    A puntuación máxima da entrevista será de 5 puntos, que se sumarán, á puntuación obtida na fase de baremación de currículo.
    As entrevistas realizaranse tres días hábiles despois de rematado o prazo de entrega de solicitudes, e levaranse a cabo en Vigo, lugar por determinar.

9. PROPOSTA DE SELECCIÓN
O mesmo día ou o día seguinte da realización das entrevista publicarase na páxina web e no taboleiro da Deputación a lista de admitidos para o curso. Así mesmo tamén se publicará unha lista de reserva, para que en caso de baixas, poidan incorporarse novos/as alumnos/as.

10. RÉXIME XURÍDICO
A comisión de valoración queda facultada para adoptar as decisións que se estimen oportunas para a aplicación destas bases.

Pontevedra, 27 de Abril de 2005
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Páxina 1 [2]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/05/2005 07:51
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/