[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 24 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2 3
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Padroado de Turismo Rías Baixas

Bases Reguladoras da convocatoria pública para a concesión de subvencións para realización de material de divulgación e información turística para o ano 2005

Bases | Anexo I | Anexo II

Anuncio

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
A concesión polo Padroado Provincial de Turismo “Rías Baixas” de subvencións para a confección actualizada de material divulgativo de información turística en forma de folletos, guías, mapas, separatas da guía provincial de turismo, carteis, pósters, páxinas web, CD-Rom, DVD, Videos ou calquera outro soporte, sen ningunha propaganda comercial, con cargo a un crédito destinado a tal fin que ascende a 70.000,00 euros, cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a este programa de axudas, mentras non se amplíe o crédito da partida orzamentaria 05/875.751.462.02, aportada polo propio Padroado.

No obstante, a Xunta Rectora poderá decidi-lo incremento do crédito mencionado no parágrafo anterior.

2.- BENEFICIARIOS DA SUBVENCIÓN
Serán os Concellos, ou agrupacións de polo menos tres Concellos e Mancomunidades da Provincia de Pontevedra, os Centros de Iniciativas Turísticas, Sociedades de Desenvolvemento Comarcal, Entidades de Promoción Local e todas aquelas relacionadas co Turismo, sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

3.— HOMOXENEIZACIÓN DOS DESEÑOS
Tal e como se acordou no Foro Turístico das Rías Baixas e na Xunta Rectora do Padroado Provincial de Turismo “Rías Baixas”, terase en conta a adaptación do material subvencionado ós formatos-tipo editados polo propio Padroado (folletos, directorios, guías, mapas, web, audiovisuais, póstais, pósters, …) definidos no Anexo II da presente convocatoria, poñendo a disposición dos interesados os logotipos oficiais a incluír no material, así como as maquetas en formato “free-hand” para que os seus deseños sirvan de referencia en formatos de tamaños, tipos de letras, medidas, etc.

Os solicitantes que o desexen poderán remitIr ó Padroado a maqueta ou bocetiño do material a publicar para recibi-lo visto e prace, previo a súa edición.

4.— CONDICIÓNS

  1. O material a realizar deberá utilizar a toponimia oficial e no caso de empregarse a lingua galega deberá ser co galego normativo.
  2. No material a subvencionar figurarán inescusablemente, en lugar visible, a imaxe de marca (logotipos) de “Turismo Rías Baixas”, “Deputación Pontevedra” e do dominio www.riasbaixas.org, evitándose todo tipo de publicidade comercial (Anexo II).
  3. Non se subvencionará realización de material que non sexa obxecto específico desta convocatoria, quedando excluídos os seguintes obxectos:
    • Libros de Historia, Xeografía, Patrimonio, programas de festas e/ou libros de programas de festas, material divulgador de eventos deportivos, culturales ou calquera outro que non sexa específicamente turístico.
    • Material propagandístico (merchandising) que non presente información sobre o destino ou recursos turísticos da zona, como bolígrafos, chisqueiros, adhesivos, camisetas e outras prendas de vestir, gorros, paraugas, cinceiros, material de oficina, pins, etc.
    • Promoción e propaganda de empresas privadas con ánimo de lucro (sí as de asociacións de empresas sen ánimo de lucro).
  4. No material realizado non poderán figurar referencias a establecementos turísticos, hoteis, restaurantes, cámpings, bares e/ou calquera outra empresa que non estea debidamente legalizada.
  5. Non se subvencionará material turístico con erros importantes, información non actualizada, calidade de impresión ou gravación de baixa calidade ou con contidos que non sexan estrictametne de promoción turística.
  6. En ningún caso será obxecto de subvención material promocional que a súa distribución non se faga de xeito gratuito.

5.— CONTÍA DA SUBVENCIÓN
A contía da subvención será variable, determinandose en cada caso tendo en conta a disponibilidade presupostaria e os criterios de adxudicación, non pudendo supera-las seguintes porcentaxes do presuposto presentado polas entidades:

  • 40 % para os Concellos declarados Concellos Turísticos Galegos polo Consello da Xunta de Galicia.
  • 30 % para as Mancomunidades, Sociedades de Desenvolvemento Comarcal e entidades sen ánimo de lucro.
  • 20 % para os Concellos non declarados Concellos Turísticos Galegos e resto de entidades da cláusula 2ª.

A subvención nunca poderá excede-los 4.000 euros por entidade solicitante.

Aqueles proxectos que certifiquen un 25% menos do presupostado inicialmente non serán subvencionados.

No caso de que ás peticións recibidas excedan da partida orzamentaria prevista, os técnicos do Padroado farán unha proposta razoada en función dos criterios de valoración (cláusula 9ª) e cumprimento das obrigas das entidades con este Padroado en anos anteriores, sendo a Xunta Rectora quen estableza un aumento da partida orzamentaria ou criterio de reparto proporcional.

6.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
As solicitudes presentaranse axustadas ó modelo oficial que se publica como Anexo I dirixido ó Sr. Presidente do Padroado Provincial de Turismo “Rías Baixas”, acompañado de:

  1. Programa anual de publicacións de promoción turística do solicitante, coa Memoria explicativa detallada da acción para a que solicita subvención (obxectivo, previsións e datas de execución).
  2. Presuposto da inversión prevista (gastos e ingresos).
  3. Proxecto ou maqueta do material a subvencionar para a súa valoración polos técnicos do Padroado.
  4. Fotocopia cotexada do NIF da entidade solicitante e do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas no seu caso.
  5. Certificación do Secretario do Concello, Entidade Local ou Organismo de estar ó corrente das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra
  6. Certificación do Secretario da Concello, Entidade Local ou Organismo de non dispoñer de ningunha outra subvención para a actividade de que se trata, outorgada por outro Organismo, Entidade ou particular e, no caso de que a houbese, importe e Organismo que a hubera concedido, de tal xeito que a suma deses importes coa subvención solicitada non exceda do coste total da actividade obxecto da presente subvención.
  7. Requisito de non estar incursa a entidade en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións, previsto no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, esixiendo a presentación dunha declaración xurada ou responsable.
  8. Os interesados poden presentar as súas solicitudes nos rexistros e lugares a que fai referencia no artigo 38 da LRJAP y PAC, ademáis de no Padroado de Turismo e na Deputación.
  9. Calquera outra documentación que acredite o dereito á concesión, así como para facilitar a evaluación ou gradación da subvención.

Non se subvencionará material turístico distinto do solicitado.

7.— PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será de TRINTA (30) DÍAS naturais contados a partir do seguinte á publicación das presentes Bases no B.O.P., no Rexistro da Secretaría do Padroado Provincial de Turismo, sito na Pza. Santa María s/n. 36071 Pontevedra. No suposto de que o último día do prazo fora sábado ou festivo, entenderase prorrogado ó seguinte día habil.

8.— SUBSANACIÓN DE DEFECTOS NAS SOLICITUDES
Cando a solicitude non reúna os requisitos solicitados ou non se acompañe da documentación que resulte esixible conforme ás presentes Bases, se requirirá ó interesado para que no prazo de 10 días, subsane a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que si así non o fixese se terá por desistido da súa petición, procedéndose ó arquivo da mesma.

9.— CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN
Para a adxudicación das subvencións serán de aplicación preferente os seguintes criterios:

  • Homoxeneización co material do Padroado deTurismo (Anexo II)
  • Calidade e innovación da edición de material promocional para o que se solicita subvención.
  • Edición de material audiovisual, fotográfico e textual actualizado.
  • Material que integre e cohesione a oferta turística provincial con carácter supramunicipal.
  • Edición de material promocional dirixido a potenciar novos productos turísticos que incrementen a diversificación e competitividade do sector.
  • Terase en conta o nivel de cumprimento do solicitante en convocatorias previas, asi como ó número de exemplares a editar.

As solicitudes serán estudiadas polos técnicos do Padroado de Turismo, que darán traslado do seu Informe para fiscalización á Intervención Delegada do Padroado e posteriormente será á Xunta Rectora que estimará, valorará a calidade do material a realizar, resolvendo a concesión ou denegación da subvención solicitada.

O Padroado comunicará individualmente ós beneficiarios a axuda concedida á maior brevidade e como máximo ós tres meses de presentada a solicitude. A non comunicación será entendida como denegación da subvención solicitada.

10.— PAGO DA SUBVENCIÓN
O importe da subvención farase efectivo unha vez xustificada a inversión efectuada só para o material solicitado, mediante remisión ó Padroado de:

  1. Certificado do Secretario da entidade beneficiaria no que conste a aplicación da subvención concedida e acreditativo do gasto realizado.
  2. Nome da Entidade Bancaria e número da conta (20 díxitos) á cal transferir a subvención.
  3. Factura orixinal ou fotocopia cotexada da mesma do gasto.
  4. Tres exemplares do material do que se trate.
  5. Unha copia dixital para a súa descarga en páxinas web.
  6. Copia da maqueta (impresos), base de datos (web) o material bruto (audiovisuales) para un posterior aproveitamento nas campañas promocionais do Padroado.

11.— PRAZO PARA REALIZACIÓN DO OBXECTO DA SUBVENCIÓN
A xustificación da inversión efectuarase inescusablemente antes do día 30 de setembro de 2005, pasado o cal, de non efectualo, considerarase perdida a subvención concedida, sen dereito a ningunha reclamación.

12.— RÉXIME XURÍDICO APLICABLE
Á presente Subvención seralle de aplicación ó disposto e previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Lei Xeral de Subvencións, R.D. Leg. 2/2004, de 5 de marzo, texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e Bases de ejecución do presuposto para o exercicio corrente.

13.— XURISDICCIÓN COMPETENTE
En caso de que existan discrepancias sobor da interpretación e aplicación das presentes Bases será de aplicación a orde xurisdiccional contencioso administrativo de Pontevedra.

14.— INFORMACIÓN
Nas oficinas do Padroado Provincial de Turismo Rías Baixas na Praza de Santa María s/n – 36071 Pontevedra. Teléfono 986 842 690. Fax: 986 868 750 info@riasbaixas.org.

Pontevedra, 29 de abril de 2005
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 18/05/05, número 94, páxina 19, anuncio 2005004352.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/05/2005 07:50
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/