[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Bases de axudas para asociacións de mulleres
sen fins de lucro. Ano 2005

Bases | Solicitude | Anexo I

Bases

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do papel a desenvolver pola muller na sociedade actual e en consideración as dificultades coas que conta para o acceso e promoción dentro do mundo laboral convoca para o ano 2005 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións de Mulleres ou por aquelas outras que conten con departamentos ou vogalías da muller e así o acrediten, todas elas sen fins de lucro, dirixidas basicamente á formación de cara a súa integración no mundo laboral, segundo as seguintes

C L Á U S U L A S

1.— ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR
Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan durante o ano 2005 e que estean enmarcadas nalgún dos apartados seguintes:

  1. De carácter formativo: a través da oorganización de cursos que podan facilitar o acceso das alumnas ó mundo laboral.
  2. Para a posta en marcha de fórmulas de emprego, como cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral.
  3. Estudios de investigación e divulgación sobre temas específicos da muller
  4. Para Federacións de Asociacións as actividades a subvencionar serán:
    1. Organización de xornadas de carácter supramunicipal
    2. Congresos
    3. Estudios de investigación sobre temas específicos da muller.

Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación, así como tamén as dirixidas ó desenvolvemento da actividade xeral da Asociación ó longo do ano.

2.— FINANCIAMENTO
A contía consignada para a realización de actividades promovidas por ditas Asociacións ascende a 165.000,00 euros cantidade que representa o máximo de obrigas que se poder adquirir con cargo a este programa de axudas, mentres no se amplíe o crédito da Partida 05/313.313.480.02 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial.

3.— REQUISITOS

  1. Nin a Asociación nin a súa representante legal poden atoparse incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  2. As Asociacións desenvolverán a súa actividade na Provincia de Pontevedra e terán que estar recoñecidas na Xunta.
  3. Cada Asociación, só poderá presentar un Proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no “Anexo 1”. No caso de que presente varios, a Deputación elixirá o mais viable segundo as bases da convocatoria.
  4. No caso de elixir un curso formativo como actividade a desenvolver, este irá dirixido a un só grupo de mulleres
  5. No caso das Federacións axustaranse á Cláusula 1ª punto 4.
  6. Consideraranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de mulleres, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto do curso.
  7. Só se subvencionarán cursos a partir de 40 horas de duración
  8. No caso da posta en marcha de fórmulas de emprego teranse en conta o número de traballadoras que se contraten, o grao de dificultade na súa inserción laboral e a demanda do recurso.
  9. Cando se trate de estudios de investigación unha copia quedará nos arquivos da Deputación, podendo ser utilizados os datos recollidos no mesmo.
  10. En toda publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social.
  11. Na realización dos cursos, a partir de 300 horas a contía da axuda non se verá incrementada.

4.— CONCESIÓNS

  1. Non se concederán axudas a aquelas asociacións que non tiveran a 31 de marzo xustificada ou rexeitada por escrito, a actividade (ou actividades) subvencionada pola Deputación en anos anteriores.
  2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  3. O prazo máximo para resolver e notifica-la resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, non podendo ampliarse o tenor do Artigo 42.2 da Lei 30/1992 de Procedemento Administrativo e Artigo 25.4 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións. Contra a Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de reposición no prazo dun mes perante a Xunta de Goberno, ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado correspondente de Pontevedra, segundo dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 de 6 de xaneiro de modificación da Lei 30/92 de 26 de novembro e artigo 46 da Lei 29/98 de 23 de xullo do Contencioso Administrativo. Transcorrido o prazo citado sen notificarse a resolución da solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo.

5.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes, no modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC, debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos:

  1. Proxecto da actividade no que consten os epígrafes do “Anexo 1”
  2. Fotocopia do DNI da representante legal da Asociación e acreditación do seu cargo a través dunha certificación da secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección.
  3. CIF da Asociación.
  4. No caso de que non sexa unha Asociación de Mulleres e sexa a primeira vez que presenta unha solicitude, achegar certificación conforme ten constituída a Vocalía da Muller.
  5. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego. No caso de non conta-lo Concello con este poderá ser redactado polos Técnicos da Deputación.
  6. Copia da aprobación da adaptación de estatutos da Asociación á L.O. 1/2002 de 22 de marzo (regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións) expedida pola Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. No seu defecto, copia da solicitude da adaptación de estatutos presentada en dita Delegación
  7. Declaración xurada da secretaria da Asociación de que ni esta ni a súa representante legal se atopan incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

De non cumprirse ditos requisitos poderán ser subsanados segundo o disposto no artigo 71 da Lei de 30/1992 de Procedemento Administrativo, modificada pola Lei 4/1999 de 6 de xaneiro, concedéndose a tenor do indicado precepto legal, un prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixera, entenderase que rexeita á petición.

6.— PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais a partires do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP.

7.— CONTÍA
Sempre que haxa solicitudes que reunan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o orzamento.

  1. Contías máximas a subvencionar:
    1. Para a realización de cursos: 4.425 €.
    2. Para a posta en marcha de algunha fórmula de emprego: 7.200 €. Esta axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula e os gastos de persoal
    3. Para estudios de investigación 4.425 €.
    4. Para a celebración de Congresos: 3.600 euros (valorables en función do número de xornadas de traballo e contidos).
    5. Para a organización de xornadas de carácter supramunicipal: 3.600 €.
  2. A contía das axudas para a realización de cursos virá determinada fundamentalmente por os seguintes factores:
    1. O número de horas do curso.
    2. A intensidade do curso (número de horas por semana).
    3. A realización de prácticas laborais en empresas

A reducción do nº de horas do curso unha vez aprobada a axuda pola Deputación, levará consigo a reducción da mesma segundo baremo establecido para a determinación da contía da subvención.

En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá supera-lo custo total da actividade.

8.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustifica-la actividade, en conformidade co previsto no Artigo 30 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, nos tres meses seguintes a súa realización, e en todo caso, por motivos xustificados, antes do 15 de decembro de 2005 salvo situacións excepcionais de prórroga. Os documentos a presentar serán os seguintes:

  1. Xustificación do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda o subvención:
    1. Memoria explicativa da actividade indicando a súa repercusión social e si se cumpriron os obxectivos propostos. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller ademais o nome do proxecto, descrición do curso, nº de horas impartidas, prácticas laborais e espectativas laborais do alumnado, nome e D.N.I. do monitor, relación de participantes e D.N.I.
    2. Xustificación das obrigas impostas (difusión da axuda etc.)
  2. Xustificación de gastos:
    1. Conta xustificativa de gastos (detalle dos gastos por conceptos,sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto)
    2. Xustificación dos gastos con facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo.
    3. Declaración responsable de que os gastos que figuran na conta se aplicaron a finalidade subvencionada.
  3. Xustificación dos ingresos:
    1. Conta xustificativa de ingresos (detalle por entidades, organismos, particulares etc.)
    2. Recursos propios utilizados.
    3. Declaración responsable de que os ingresos o recursos alleos no superan o coste ou gasto da actividade, proxecto etc. subvencionado.
  4. Certificación de datos bancarios

Cando a actividade consista na celebración de Cursos, Xornadas ou Congresos os conferenciantes ou monitores que pertenzan á Asociación demandante da axuda, non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que outorga a Deputación

9.— REINTEGRO
No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Cláusulas da presente Convocatoria, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión.

Infracción e sancións. Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

10.— CONTROL
Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financeiro que efectúe a Deputación Provincial e ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilitar tódala información que lles sexa requirida.

11.— DEREITO SUPLETORIO
En todo o que non prevean as presentes Bases estarase ó disposto na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións.

Pontevedra, a 11 de maio de 2005
O SECRETARIO ACCTAL.
Ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 20/05/05, número 96, páxina 17, anuncio 2005004496.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 07:51
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/