[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 23 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

Bases de axudas para asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos servizos sociais especializados. Ano 2005

Bases | Solicitude | Anexo

Bases

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente dos problemas de tipo socioeducativo e formativo da poboación en xeral pero especialmente daquela máis desfavorecida, convoca para o ano 2005 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servicios Sociais Especializados (Lei 4/1993 de 14 de abril), e que vaian dirixidas basicamente á formación de cara a súa integración social /e ou laboral, segundo as seguintes:

C L Á U S U L A S

1.— ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR
Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan no ano 2005, promovidas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados e que estean compren- didas nalgún dos apartados seguintes:

  1. De carácter socioeducativo e formativo:
    1. Organización de cursos para os afectados.
    2. Organización de Congresos específicos para os colectivos afectados.
    3. Organización de Xornadas informativas ou divulgativas.
  2. Para a posta en marcha de fórmulas de emprego, como cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral.
  3. Estudios de investigación a nivel socioeducativo, sociosanitario, sociofamiliar, sociolaboral etc. e divulgación, sobre temas específicos dos colectivos afectados.
  4. Para Federacións de Asociacións as actividades a subvencionar serán:
    1. Organización de xornadas informativas ou divulgativas de caracter supramunicipal
    2. Congresos
    3. Estudios de investigación a nivel socioeducativo, sociosanitario, sociofamiliar, sociolaboral etc. e divulgación, sobre temas específicos dos colectivos afectados.
    4. Cursos de caracter supramunicipal.

Para a realización das actividades ou como parte complementaria ó desenvolvemento das mesmas a Deputación ofrece o uso das instalacións do Centro da Lanzada en datas que estean libres, subvencionandoas, incluída a pernocta, ó 100%. A manutención sería a cargo dos interesados. Na contía da axuda, no caso de que fose aprobada, farase constar a parte correspondente á actividade e a destinada ó pago das instalacións, contía ésta que a Asociación aboará directamente ó Centro da Lanzada ó finalizar a realización da actividade.

Quedan excluídas as solicitudes dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación. Excepto no caso de Asociacións de persoas maiores, no subvencionarán aquelas actividades socioeducativas ou formativas que forman parte da actividade xeral da Asociación ó longo do ano.

2.— FINANCIAMENTO
A contía consignada para este fin na Partida 05/313.313.480.02 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial ascende a 200.000 euros, contía que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria de axudas, mentras non se amplíe o crédito da partida.

3.— REQUISITOS

  1. Nin a Asociación nin a súa representante legal poden atoparse incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  2. As Asociacións desenvolverán a súa actividade na Provincia de Pontevedra e deberán estar debidamente recoñecidas ou inscritas como tales na Xunta.
  3. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no “Anexo 1”. No caso de que presente varios, a Deputación elexirá o mais viable segundo as bases da convocatoria.
  4. No caso de elexir un curso formativo como actividade a desenvolver, éste irá dirixido a un só grupo de persoas.
  5. No caso das Federacións axustaranse á Cláusula 1ª punto 4.
  6. Consideraránse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto do curso.
  7. Só se subvencionarán cursos a partir de 40 horas.
  8. No caso da posta en marcha de fórmulas de emprego teranse en conta o nº de traballadoras que se contraten, grao de dificultade na súa inserción laboral e demanda do recurso.
  9. Cando se trate de estudios de investigación unha copia quedará nos arquivos da Deputación, pudendo ser utilizados os datos recollidos no mesmo.
  10. En toda publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social.
  11. Na realización dos cursos, a partir de 300 horas a contía da axuda non se verá incrementada.

4.— CONCESIÓNS

  1. Non se concederán axudas a aquelas asociacións que non tiveran a 31 de marzo xustificada ou rexeitada por escrito, a actividade (ou actividades) subvencionada pola Deputación en anos anteriores.
  2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndollela instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, no podendo ampliarse dito prazo ó tenor do Artigo 42.2 da Lei 30/92 e Artigo 25.4 da Lei 38/2003. Contra a Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse Recurso de Reposición no prazo dun mes ante a Xunta de Goberno, ou Contencioso Administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado correspondente de Pontevedra, segundo dispón os trigos 116 e 117 da Lei 4/1999 de 6 de xaneiro de modificación da Lei 30/92 de 26 de novembro e artigo 46 da Lei 29/98 de 23 de xullo do Contecioso Administrativo. Transcorrido o prazo citado sen notificarse a resolución da solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo.

5.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes, no modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial, ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da LRJAP e PAC, debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos:

  1. Proxecto da actividade no que consten os epígrafes do “ANEXO 1”.
  2. Fotocopia do DNI do representante legal da Asociación e acreditación do seu cargo a través duna certificación do secretario da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección.
  3. CIF da Asociación.
  4. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego. No caso de non conta-lo Concello con este poderá ser presentado polos Técnicos da Deputación.
  5. Copia da aprobación da adaptación de estatutos da Asociación á L.O. 1/2002 de 22 de marzo (regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións) expedida pola Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. No seu defecto copia da solicitude da adaptación de estatutos presentada en dita Delegación.

De non cumprirse ditos requisitos poderán ser subsanados segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo, modificada pola Lei 4/1999, de 6 de xaneiro concedéndose, a tenor do indicado precepto legal, un prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixera, entenderase que rexeita á petición.

6.— PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP.

7.— CONTÍA
Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o orzamento.

  1. Contías máximas a subvencionar:
    1. Para proxectos de carácter preventivo: 2.100 euros. Para proxectos de carácter conducente á integración social e/ou laboral dos colectivos afectados: 4.425 euros. Excepcionalmente e dentro desta contía, poderán atenderse actividades de carácter asistencial, ata 600 euros, sempre e cando estas sexan complementarias para o desenvolvemento do proxecto de formación.
    2. Para a celebración de Congresos: 3.600 euros.
    3. Para a posta en marcha de algunha fórmula de emprego: 7.200 euros. A axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula e os gastos de persoal
    4. Para estudios de investigación 4.425 euros.
    5. Para cursos de carácter supramunicipal 4.425 euros.
    6. Para organización de xornadas informativas ou divulgativas de carácter supramunicipal 3.600 euros.
  2. A contía das axudas para a realización de cursos virá determinada fundamentalmente por os seguintes factores:
    1. O número de horas do curso.
    2. A intensidade do mesmo (nº de horas por semana).
    3. A realización de prácticas laborais en empresas.

A reducción do número de horas do curso unha vez aprobada a axuda pola Deputación, levará consigo a reducción da axuda segundo baremo establecido para a determinación da contía da subvención.

En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá superalo custo total da actividade.

8.— PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN
As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustifica-la actividade de acordo co establecido no Artigo 30 da Lei 38/03 Xeral de Subvencións nos tres meses seguintes a súa realización, e en todo caso por motivos xustificados antes do 15 de decembro de 2005 salvo situacións excepcionais de prórroga, tendo que presenta los seguintes documentos:

  1. Xustificación do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda o subvención:
    1. Memoria explicativa da actividade indicando a súa repercusión social e si se cumpriron os obxectivos propostos. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller ademais o nome do proxecto, descrición do curso, numero de horas impartidas, prácticas laborais e espectativas laborais do alumnado, nome e D.N.I. do monitor, relación de participantes e D.N.I.
    2. Xustificación das obrigas impostas (difusión da axuda etc.)
  2. Xustificación de gastos:
    1. Conta xustificativa de gastos (detalle dos gastos por conceptos,sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto)
    2. Xustificación dos gastos con facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo.
    3. Declaración responsable de que os gastos que figuran na conta se aplicaron a finalidade subvencionada.
  3. Xustificación dos ingresos:
    1. Conta xustificativa de ingresos (detalle por entidades, organismos, particulares etc.)
    2. Recursos propios utilizados.
    3. Declaración responsable de que os ingresos o recursos alleos no superan o coste ou gasto da actividade, proxecto etc. subvencionado.
  4. Certificación de datos bancarios:
    • Cando a actividade consista na celebración de Cursos, Xornadas ou Congresos os conferenciantes ou monitores que pertenzan á Asociación demandante da axuda, non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que outorga a Deputación
      1. Facturas, recibos e demais documentos fidedignos que reúnan os requisitos legais segundo o R.d. 1496/03 de 28 de novembro, sobre confección de facturas e recibos.
      2. Memoria da mesma ou estudio realizado debidamente asinado e selado.
      3. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller como mínimos os datos seguintes: Nome do proxecto realizado, nome e D.N.I. de monitor que impartiu o curso, nº de horas deste e destribución das mesmas, relación de participantes y D.N.I., descripción do curso, prácticas laborais e espectativas laborais do alumnado.
      4. Relación de axudas públicas e/ou privadas solicitadas, concedidas ou pendentes de resolución para desenvolvemento do proxecto que se presenta, facendo constalo custo total da actividade realizada.
      5. Certificación de datos bancarios
    • Cando a actividade consista na celebración de Cursos, Xornadas ou Congresos os conferenciantes ou monitores que pertenzan á Asociación demandante de axuda, non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que outorga a Deputación.

9.— REINTEGRO
No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Cláusulas fixadas na presente Convocatoria, o beneficiario deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación.

Infraccións e sancións. Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

10.— CONTROL
Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financieiro que leve a cabo a Deputación Provincial e ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilicitar tódala información que lles sea requerida.

11.— DEREITO SUPLETORIO
En todo o que non preveas as presentes bases, estarase ó disposto na Lei 38/03 Xeral de Subvencións.

Pontevedra, a 11 de maio de 2005
O SECRETARIO ACCTAL.
Ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 20/05/05, número 92, páxina 12, anuncio 2005004496.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/05/2005 10:03
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/